Un mundo algo raro
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de marzo de 2025
Desde que o mundo é mundo sempre foi evolucinando cara a un futuro prometedor.
Vivimos coa intención de construir un futuro cada día mellor.
Así veñeron facendo os nosos avós cos nosos pais, os nosos pais con nós e agora tócanos a nós coa próxima xeración.
¿QUE FUTURO QUERMOS?
Para nós mesmos: moita serenidade para seguir avanzando aínda que sexa a pasos cortos.
-Para a xente nova, que será a que nos constrúa o futuro próximo, debemos ofrecerlle posibilidades para unha boa preparación que lle permita correxir algúns erros e poida mellorar a calidade de vida.
-Para que teña un futuro respectuoso consigo mesma, coas outras persoas, coa vida e co medio ambiente:
Debemos insistir moito no respecto á vida como algo sagrado que se nos regala para administrala con sentidiño, disfrutala e agradecela.
-Para que teña un futuro en paz, consevando a moderación e as boas maneiras coas persoas do seu tempo.
-Para que sexa feliz: amando e sendo amada.
Deste xeito evolucionará adecudamente.
PARA QUE SEXA FELIZ A XENTE NOVA:
Teremos que educala na responsabilidade:
-Responsabilidade no fogar.
-Responsbilidade no estudio.
-Responsabilidade no ocio...
PERO, POR OUTRA BANDA:
-Non queremos que sufra.
-Non queremos que se sacrifique.
-Non queremos que se traumatice...
A VERDADE É QUE:
-Todo ten un prezo.
-Todo esixe sacrificio.
-Todo require esforzo.
-Nada traumatiza cando é para o noso crecemento persoal.
ESTE MUNDO É ALGO RARO...
Hoxe en día as queixas son moitas, pero non todas teñen xustificación.
Os nosos descendentes van ter que suar a camiseta se queren ter un nivel de vida como desexamos para eles.
-Van ter que acadar un bo nivel de formación académica; eso esixe: disciplina, entrega e sacrificio.
-Van ter que colaborar dentro e fóra do fogar porque así o esixe o ritmo de vida actual.
-Van ter que saber administrarse porque a vida esta moi cara.
-Van ter que ser moi respectuosos coas outras persoas por razón de ideoloxía, raza, lingua, relixión...
Hoxe en día o mundo estase convertendo nunha aldea global na que todos debemos ter cabida.
-Van ter que practica-las virtudes como se fixo sempre.
Primeiro terán que aprendelas, que nestes tempos, paréceme que as teñen algo esquecidas.
-Van ter que ser coherentes co que piden e co que poidan alcanzar.
-Van a ter que prepararse sen regatear esforzos.
Pero merece a pena e para nada, traumatiza
PARA DISFRUTAR DA PAZ
En primeiro lugar teñen que cultivar a paz interior que é a mellor de todas: actuar en conciencia, tratando ós outros como lles gustaría que os trataran a eles.
Educar o EGO para non caer no egoísmo.
Praticar o ALTRUÍSMO, levando unha vida ordenada de entrega ó servizo dos demais.
Como di Madre Teresa de Calcuta:
"O que non vive para servir, non serve para vivir".
Esto foi sempre así e non hai outra alternativa mellor.
A ESPERANZA NON SE PODE PERDER
Por moi gris que se vexa o futuro, sempre haberá alternativas que o fagan prometedor aínda que non se vexan a primeira vista.
Os resutados, a veces, fanse esperar; pero con tesón e constancia todo é posible.
A nosa xuventude está chea de vitalidade, conta con máis
preparación que nunca e vai ter moita sorte.
Tócalle vivir tempos incertos, como nos pasou a todos; pero Deus dálle a intelixencia e a vontade necesarias para saír adiante.
Todo irá ben coa axuda de todos, porque todos nos implicamos para ir convertido este mundo algo raro, nun mundo habitable no que reine a humanidade e a fraternidade, que tanta falta nos están facendo.
"HUMANIDADE E FRATERNIDADE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora