"Carta, 1984 janeiro 22, Ferrol, a Carballo Calero Arribe Dopico, Maria Dores Confirma que xa está en poder do impresor a primeira parte de "Letras galegas" e que agardan ter o libro rematado antes do 15 de marzo. Amosa a súa satisfacción porque non houbese intentos de convencer a Carballo para adiar a publicación do libro | Mecanografado. Sinatura autógrafa.
AC 112 0090 Biblioteca do Parlamento (c) ARQUIVO CARBALLO CALERO" .
Nesta quinta entrega, temos a grata noticia da inminente publicación do livro "Letras Galegas", que tanta satisfacción produciu no "Universo AGAL", e veu a paliar a dolorosa experiencia que tivemos coa publicación "Da fala e da escrita", que nom se puido materializar.

Así describe Lola parte do proceso:
"O día 18, data da súa carta, dous membros do Conselho da Agal -Vice-presidente e Tesoureiro - deixarom en Venus Artes Gráficas (A Corunha) a primeira parte do livro".
Eu era o tesoureiro, lembro a sabia administración dos recursos, sem ajudas de ningúm tipo logramos publicar textos de excelente calidade, que marcarom um antes e un despois no movemento reintegracionista:
Lola sente-se agradecida e agraciada, em nome da Agal pelo agasalho de D. Ricardo, e da inmensa dívida que todos temos con el.
Em D. Ricardo era recorrente a frase "Eu ja vou mui velho", que Lola aproveita para replicar coa elegancia e o respeito que sempre a caracterizou:
"Permita-me dizer-lhe que me fai sorrir a sua frase "Eu ja vou mui velho". Quem lhe dera a muitos moços - segundo o carnet de identidade - terem a lucidez, a capacidade de trabalho, análise e síntese, além das dotes literarios excepcionais que, possui o Prof. "Carvalho Calero".
No primeiro trimestre do ano 1984, o livro "Letras Galegas" era uma realidade. Excelente maquetación, portada sobria e texto mui coidado, no que trabalharom intensamente, tres grandes Mulheres (Lola Arribe, Elvira Souto e María do Carmo Enriquez).
