Cando a mentira di a verdade
Santalla, Iago - miércoles, 12 de marzo de 2025
Circula por aí unha suposta carta da Presidenta de México, Claudia Sheinbaum a Donald Trump advertíndolle das consecuencias dos aranceis para EEUU. Indagando por internet chego á conclusión de que é falsa; non en tanto, oxalá lle chegara ao que quere ser faraón da galaxia. O caso é que na carta advírtese de todo o que ten México e que precisa ou pode precisar EEUU.
Levo tempo pensando en que se EEUU acada o nivel de soberbia do que vai en camiño, por dignidade, haberá que dar unha resposta. O problema é a maldición de Malinche que a vemos, por exemplo, na nosa extrema dereita: moi valente nos escaños da impunidade pero prega as orellas ante os poderosos que tanto admira, converténdose naquela derechitacobarde que criticaba.
É tempo de valentes capaces de encarar ao poder sen humillarse e sabendo que ese poder é carente de toda autoridade moral, unha autoridade moral que se se di democrática non pode aceptar o colonialismo.
Cando a mentira di a verdade nós non podemos calar e menos podemos aceptar a persoas que encarnan con poder absoluto a antítese dos nosos valores.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora