Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O carnet por puntos

jueves, 09 de julio de 2009
En tempos, premiábanse ós conductores na festa de San Cristobo, entregando distincións ós que xuntaban centos de milleiros de kilómetros sen ter tido un accidente. Agora, a cuestión vai por puntos.

Parece que o sistema funciona, e a Administración manifestase satisfeita pola diminución de accidentes e mortos nas estradas españolas, diminución da que todos debemos congratularnos aínda que con haber só un morto nas estradas é un morto de máis.

Dotar ós conductores dunha ducia de puntos que poden perderse pola comisión de faltas ou delitos relacionados co tráfico, é situar a cada titular dun carnet nunha permanente provisionalidade na que calquera erro pode facer que o seu saldo de puntos se reduza ou desapareza coas graves consecuencias que eso supón, ademáis do aspecto económico, da maior importancia.

Por eso parece lóxico que se unha mala acción, voluntaria ou involuntaria, supón a perda de puntos, que unha continuada boa práctica da conducción traia consigo un incremento de puntos como a que ven de producirse.

Nada menos que un millón trescentos mil galegos foron premiados hai uns días polo seu bo comportamento na estrada con dous puntos máis que sumar ós doce que o carnet de conducir ten para os titulares con antigüidade abonda. Catorce puntos que serán quince o próximo ano 2010, cando se cumpran catro anos da entrada en vigor do novo sistema.

E xa que os conductores noveles non teñen máis ca oito puntos no seu recén estreado carnet, no caso de que non teñan problemas con Tráfico durante tres anos, chegarán ós doce puntos dos carnets veteranos, e todos contentos.

Se o sistema funciona, é un sistema bo. Se hai menos mortos e menos problemas na estrada, o sistema funciona. Avancemos, pois, nese singular camiño que algún día ten que levarnos a unha circulación máis civilizada, na que non haxa que rendir cada semana culto a un deus cruel que esixe sanguentos sacrificios humanos.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES