Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nicanor e Emérita

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 06 de marzo de 2025
Nicanor Álvarez Valcarcel e seus pais eran de San Cristovo e Armariz en Ourense.
Nicanor naceu en 1910, e Emérita López Losada, que naceu en Foz en 1911. Súa nai era de Rinlo e o pai de Cospeito.
Era unha parella normal a primeira vista, como outra parella calquera, pero en 1929, intentan suicidarse e teñen tres intentos de suicidio. O primeiro foi nunha lancha que Nicanor e Emérita collen no porto de Foz, saen cara ao mar e ao pasar a Barra tiran os remos ao mar coa esperanza de que o mar os tragara, pero un barco que entra ao porto socórreos e tráenos a terra.
O segundo intento e o de tirarse da Soalta ao mar, pero como a conversa para levar a cabo tan desatinada idea produciuse no salón de baile Rosalía de Castro, foron escoitados por Clara Ruiz. A muller ao escoitalos, púxose a rifar con eles para sacarlles a idea da cabeza, pois a altitude da Soalta ao mar, é de preto 20 metros.
E a terceira, e que foi a definitiva, foi a de irse ao cemiterio parroquial e alí cun revólver pegarse un tiro.
Logo dunha discusión entre a parella no Campo Santo, deciden dispararse sentados sobre dunha tumba.
Primeiro Nicanor dispáralle a Emérita. O disparo foi na sen. Logo faino el así mesmo e tamén na sen.
Caen os dous deitados sobre da tumba e alí estiveron toda a noite e todo o día seguinte, ata que unha muller chamada Eulalia García Castro, que pasaba por diante do cemiterio escoitou os laios e foron rescatados.
A parella non podía saír do Campo Santo, porque debido ao impacto da bala na sen, quedaron ámbolos dous cegos, pero non morreron.
Emérita morre en 1931, aos 14 meses do suceso.
Nicanor morre de pneumonía en 1962 despois de refacer a súa vida, tivo do matrimonio con Celia Otero dous fillos.
Os motivos que levaron a esta parella a tal límite, foi o exceso de lecturas nocivas de novelas de amor con finais dramáticos, pretendendo eles así, emular a esas personaxes e ser famosos.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES