Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 07 de marzo de 2025
O tempo é

Entroido. Esperando. Aire frío. Pobre ambiente de disfraces. Fútbol na televisión. Coches que pasan. Xente que fala. Unha nube branca no ceo. Que todos os anxos abran as ás e voen sobre a terra chá. Que todos os lobos ouleen desde as puntas dos outeiros. E que cada tren pase pola estación de Baños de Molgas con destino ó infinito e máis alá. Os pasaxeiros esperan e simplemente os ven pasar.
Pingas de Orballo Silencio. Minutos finais do partido. Axiña empezará outro. Esperando. Esperando a que aconteza algo... un movemento, unha parola, un xesto, un ruído, un susto, un berro. Sombra que me asombras. Frío que penetra. Que todas as noites molguesas sexan a almofada dos recordos. Que cada pau terme da súa vela. Que cada vela ilumine a penumbra da habitación que está medio ás escuras. As noites son para oulear no medio do silencio.
Gallas que se moven impulsadas polo vento. Vento que zoa. Instante eterno, querido, desexado. Cadeira negra que asenta sobre baldosas brancas. Que ninguén pense que é fácil correr. Emporiso, que ninguén se quede quieto. A vida é un continuo movemento. O entroido é a ocasión perfecta para vencer a vergonza, a timidez, a covardía, o medo. Toca troulear anonimamente baixo unha máscara, unha careta de lobo.
Seis e pico da tarde. Pingas azuis caendo sobre unha páxina cuadriculada. Nenos xogando pola beirarrúa. Toxos floridos. Xamóns colgados dun balcón. Balcón no que todo pode pasar e nada pasa. Que todos os palleiros das airas sexan testemuñas dunha época que xa foi. Agora mesmo, o tempo é.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES