Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

(9605) 1992 AP3 A Coruña: A cidade herculina ten o seu propio asteroide.

Viscasillas Vázquez, Carlos - viernes, 07 de marzo de 2025
A cidade herculina acaba de recibir un prestixioso recoñecemento astronómico co nomeamento do asteroide (9605) "A Coruña". Descuberto o 11 de xaneiro de 1992 no Observatorio Nacional de Llano del Hato en Mérida (Venezuela) polo astrónomo Orlando Antonio Naranjo Villarroel, trátase dun asteroide do cinto principal que orbita ao redor do Sol cun período de 3,75 anos, cunha excentricidade de 0,18 e unha inclinación de 2,68 graos. O obxecto recibiu diferentes denominacións provisionais ata alcanzar a definitiva.

(9605) 1992 AP3 A Coruña: A cidade herculina ten o seu propio asteroide.
Este debuxo ilustra a órbita aproximada do obxecto. O amarelo/azul indican onde o plano
orbital do obxecto está por encima/debaxo do plano da eclíptica, respectivamente. As liñas
de cor sólida amosan as órbitas dos planetas. (Créditos: The Minor Planet Center/NASA)

O nomeamento foi recentemente anunciado no boletín do Grupo de Traballo para a Nomenclatura de Corpos Pequenos da Unión Astronómica Internacional (IAU), sumando A Coruña á lista de cidades e figuras científicas que teñen o seu propio asteroide no firmamento. De feito, este recoñecemento chega tras a recente denominación do asteroide (658642) "Carreira", outorgado pola IAU en 2024 en honra ao astrofísico Emanuel Carreira Vérez, que fora descubierto polos astrónomos Kazimieras Černis (Lituania) e Ilgmars Eglitis (Letonia) en 2017 no Observatorio de Baldone, en Letonia.

Carlos Viscasillas Vázquez. Observatorio Astronómico de Molėtai en Lituania. Observatorio Astrofísico de Arcetri en Italia.
Viscasillas Vázquez, Carlos
Viscasillas Vázquez, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES