Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un xeito (ou varios) de caciquismo

miércoles, 08 de julio de 2009
Hai moitos xeitos de procurar o poder ou sinxelamente, arrimar as ascuas á propia sardiña. Sardiña persoal ou de grupo, non importa.

Atopeime un deses xeitos hai pouco, cando me chegou dunha historia. Comezando polo principio:

A finais do ano pasado, sen dar lugar a enterarse á pléiade de perxudicados polos ruídos nouturnos, foi concedida unha ampliación de horario ós locais de hostalería por parte da dirección Xeral de Interior da Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza. A indicar que neste caso, 'hostalería' refírese principalmante a pub e semellantes, e ampliación de horario refírese a parte do xa ampliado que teñen nas festas.

A cousa é que, sen comelo nin bebelo, e por suposto sen sere consultados, os sufridores dos ruídos nouturnos doutros fomos agraciados coa ampliación nunha hora do xa amplo horario de apertura os días 25, 26, 27, 28 de decembro e 5 e 6 de xaneiro, e ata as 8 da mañá no fin de ano.

Algunha explicación complementaria: a ampliación foi pedida pola asociación provincial de empresarios de hostalería de Lugo, para os locais asociados. E foi concedida para os locais asociados. Coido que hai unha clara connivencia entre poder político, naquel momento o bipartito, e unha asociación que ve como só se benefician dunha medida os seus membros, discriminando ó resto e pasando por riba das protestas anteriores da xente. É dicir, un apoio mutuo entre entidades no que uns sacan beneficio, impulsando a adherirse á asociación beneficiaria e os outros diversifican a rede clientelar e quedan ben a conta da cidadanía, que está desorganizada e non sabe protestar como é debido para ter a forza necesaria contra o lobby hostaleiro. Alguén non o cree así? Vexamos: Púxose algunha normativa para ver a priori méritos dos locais asociados? Non.
Estudouse se algún dos locais asociados xa tiña infraccións anteriores e polo tanto non merecía unha tal ampliación? Non. Púxose algunha condición xeral? Non. É dicir, os hosteleiros obtiveron algo a cambio de nada. Co agravante de que o aumento dunha hora é linear segundo a categoría, pero o aumento ata as oito da mañá non contempla diferencias entre categorías.

Cabería dicir que a cidadanía pode organizarse. Na realidade, teóricamente xa o está: a Confederación galega de asociacións de veciños, Cogave, existe, pero para partir un piñon administración tras administración, entidade que a considera só a ela representante dos veciños, cautivos unha vez máis dos seus teóricos representantes. Algo que pode verse tras non abrir a boca despois de anunciar hai poucos días a administración (agora, a nova, a actual, PP, non a que outorgou a ampliación comentada, PSOE-BNG) que está a plantexarse un aumento horario dos locais nouturnos en toda Galicia co motivo do Xacobeo do próximo ano 2010. Non nos múltiples Camiños de Santiago, senón en toda a comunidade. Sen ter en conta que o horario actual é o resultado da ampliación no Xacobeo anterior (2004), sen mirar como van a controlar o tema de ruído ou de horario, sen diferenciar zonas afectadas e de alta tensión acústica, ou sentenzas favorables ós veciños.

Mentras, España segue a ser un dos países máis contaminados acústicamente. As medidas tomadas van encamiñadas a lograr o primeiro posto de xeito perenne: a base de triunfos, o deporte do ruído rematará desbancando o do fútbol... apoiemos todos ese esforzo común.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania