Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (9)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 11 de marzo de 2025
10. A Malla
"Simulouse unha malla do pan, e a ela, como era tradicional antano, viñeron homes e mulleres a mallar, vestidos con traxes tradicionais. Empezaron a mallar no pan cos "mallos", e ao poco tempo oiouse un sonido de gaita, que deu lugar a que tanto os homes como as mulleres tirasen os mallos e se puxesen a bailar en grupo" (1).

11. O Bautizo
"Iban bautizar a un meco, que traían en Dodotis nunha carretilla, con viño en vez de facelo con auga. Sen embargo, cando chegaron ao "Campo do Moredo", o meco que iban bautizar saltou da carretiña na que viña e fuxiu. Isto deu lugar a que os demaís mecos colleran a unha persoa do público, que andaba medio despistada, e bautizarana co preciado líquido vermello" (2).

12. A Misa
"Tratábase dunha misa que daban dous curas. E a un deles sonáballe o móvil i era como o chamaba unha monxa chamada "Sor Irene". Entón, pídelle perdón ao público por ter que parar a misa para atender ao móvil. Logo, prosigue a misa, e nesto que lle sona o teléfono a outro cura, e tamén era "Sor Irene". Entón, os dous curas danse de conta que os chamou a mesma monxa, o que da lugar a que tiren coa sotana no chán e queden en calzons, facendo que se lian entre sí collendose das solapas. E cando están nesta faena chega o Papa, e os dous curas poñense de rodillas, facendolle reverencias. Nese momento aparece no campo da festa unha muller disfrazada de monxa cun cartel, que poñía: "Eu son Sor Irene". Abrázase ao Papa, e este a bicos con ela, vansenos do campo da festa. Entón os curas botanse a correr detrás deles tirandolles pedras" (3).

13. Oso de Salcedo e os seus criados. Infantil.
"Simulouse a versión do Oso de Salcedo (A Poboa de Brollón) e o seus criados por parte dos nenos. Estes colleron as peles coas que se vestían os maragatos, e fixeron de criados dun hipotético oso, de tal maneira que collían aos adultos dentre o público asistente e tirábanos ao chán. Logo, botábanlles fariña pero non cinza líquida como fan en Salcedo" (4).

14. O Masterchef Junior
Neste oficio participaron tres mecos adultos e sete mequiños. "Cada un dos mequiños tiñan que preparar un plato cos ingredentes, que lles daban os cociñeiros, a saber, xamón york, queixo, nata, chourizo, e, tamén, outros productos non comestibles. Logo, collíase a xente do público, para que fora comendo os diferentes platos e dixese a que sabía o plato, que lle correspondera. Algúns platos levaban no remixido, que lle facían, polvos de talco, cinza de faria, herbas, e algo de terra. O curioso era que había persoas que o comían" (5).
O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (9)
15. Os zapateiros
"Fixeron un oficio sobre os zapateiros, aínda que máis que zapateiros eran limpabotas. O oficio estaba ben, pero cando algúns do público comezaron a reventar o oficio, os maragatos comezaron a saltar, quitándolles a roupa aos que provocaron a ruptura e, ademaís puxeronnons embadurnados de betún. Fixerono ben os mecos, pero gustaronme moito os maragatos, xa que zumbaron tanto, que realmente foi impresionante; ademaís, as persecucións que levaron a cabo, o tirar á xente polo chan. A min gustoume moito que os maragatos realizasen as cousas ben" (6).

16. O Cirurxián
"Fixeramos unha camilla; a parte darriba era pra poñer ao paciente, pero tamén fixeramos unha parte por baixo para gardar as súas cousas. Entón o cirujano comezaba a operalo. Para abrilo tiñamos unha motoserra a que lle quitaramos a espada á cadena. Claro a xente asustábase ao sentir a motoserra, aínda que xa non tiña a espada. Ademaís, levaramos quechu, sangre de matar un marrao e todo pra facer o ademán, que cando se fixese que se cortaba ao paciente, sangrase. Tamén, colgaramos botellas de Coca- Cola, que facían de suero. Fora un oficio que chamara moito a atención" (7).

17. Que sabes dos teus fillos?
Dous mecos adultos, actuaban como coordinadores da proba. Logo, interviñan cinco mequiños e cinco mecos, que eran os seus país.
"Cada pequeno preguntábanos unha cousa, que tiñamos que saber. A min, preguntoume a miña filla como se chamaba o can da súa mellor amiga. Eu, como non tiña nin idea da resposta, estampoume na cara unha tarta de nata montada e os pequenos pasarono moi ben. Non sabíamos nin o que nos iban preguntar, nin tampouco o que iban facer. Únicamente o sabían os que coordinaban este oficio e mais eles. As preguntas eran retorcidas, de tal maneira que aínda que algún acertou, á maioría tiraronlle unha tarta de nata á cara" (8).

18. O exército do moredo.
Interveñen nove mecos, que forman parte do "exército do Moredo".
"Da Casa do Xocamá saen oito reclutas, dirixidos por un cabo o un sarxento, e chegan ao Campo do Moredo coa metade do corpo desnuda. Xa no campo poñense a facer flexións nun enorme barrizal seguindo as instruccións dun meco, que facía as funcións dun cabo ou sarxento. Ao rematar os exercicios, realizan a xura de bandeira. Neste momento interven un novo meco, que fai o papel de oficial. Este leva na súa man esquerda unha bandeirola, na que están cosidas na parte central unha especie de rosáceas; na man dereita, porta un pao, sustitutivo do sable. Este, colocao a unha altura inferior a dos reclutas, polo que estes teñen que baixar a cabeza e acabar bicando o centro da bandeirola onde se encontran as formación rosáceas" (9).
A nivel simbólico, cómpre ter en conta que "a rosa" é un símbolo básico do "pucho", que constitue un dos elementos esenciais do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba. De ahí, que lle demos a esta formación militar o título que leva.

19. As bodas do Morito e do Jordi (O Bodorrio)
A do Morito, realizouse no ano 2013, e a do Jordi, no ano 2020. Teñen dúas características común: a primeira, e que se levou a cabo coas súas actuáis parellas; e a segunda, e que ninguén dos participantes directos estaba enterado do que ía pasar. No caso da do Morito,e Ánxeles interviron no oficio uns actores da televisión galega, que eran coñecidos do Moro e que se prestaron pra broma. Así, falamos de Pepe Pena Abade, que viña vestido de crego; de Campoi, de monaguillo; e Miguel de Lira, como si fora dando de comulgar á xente.
No caso da do Jordi e a súa dona, estivo precedida dunha potencial boda, a que acudían moitos invitados dos noivos, a maioría parellas. Esta boda non quixo oficiala un concelleiro do axuntamento de Chantada, o que deu lugar a que o noivo pedirá explicacións xestuais do feito. Nesto, que no "campo do Moredo" levase a cabo un revoltixo tremendo, que da lugar a que unha meca vista de noiva -vestido branco- á parella de Jordi e que un meco vista de noivo -traxe vermello- ao Jordi, sen que ambos os dous soubesen nada. O oficio remata pousando os noivos cos seus padriños e ante o xolgorio do público asistente.(10) O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (9)

20. Corrida de Toros
"Participaron cinco mequiños. O público asistente fixo un circulo a modo de praza de toros, onde actuaron estes persoeiros. Cada mequiño tiña un papel nesta corrida. Un facía de torero, vestido con traxe de volante, e portando un tecido a modo da capa que usa o torero. Outro, levaba uns corozos de maíz, que simulaban unhas banderillas. Un terceiro, iba cun cabalo de plástico, facendo o papel de picador. Un cuarto levaba unha especie de touro de madera. E o último, que facía de axudante do torero, levaba tamén un tecido, que simulaba unha capa pra torear" (11).

21. A poxa do Santo Entroido
O Santo Entroido, representado por un boneco vestido de volante co seu pucho é levado en procesión, acompañado dunha serie de mecos, dende a "Casa do Xacomá" ata o "Campo do Moredo". Aquí a procesión da unha volta ao campo da festa e detense no medio do campo e ao carón da horta de arriba. Neste lugar, un crego reza varias preces ao Santo, mentres os seus acompañantes permanecen de rodillas. Logo, comeza "a poxa" dirixida por un membro da asociación entroidana da seguinte maneira:
"Empeza a poxa, con vinte euros, quen da máis, que me casco; 25 euros ofrece aquel que está sin papeles; quen da trinta; mirade que lacón, que vale sesenta; quen da trinta, trinta dá aquela señora; trinta euros a unha; as dúas e as tres, queda para a señora. Empezamos con outro lacón por 20 euros, aquí José Manuel da 25; quen da trinta, a cuñada do Oscar, dá, dá, que che mando o maragato... Lote de rabos e orellas, 5 euros e con cordón e todo. José Manuel, que ten a mao levantada da 10 euros, 15 Montse; 15 a unha., as dúas, e as tres; queda para ti. ¡Ai que pagar ao contado, senón vai o maragato!. E a poxa segue un pouco máis..." (12).

22. Jesús naceu en Belén, e no Moredo naceu...
"Foi un oficio, que fixeron os nenos o "marte de Entroido". Era moi irreverente. Viñan varios pequenos vestidos cuns disfraces, que conseguiramos en Lugo dun saldo daquelas funcións, que facían os escolares polo Nadal da representación do nacemento de Xesús. Entón, había un disfraz da Virxe María; outro do San Xosé; había tamén dous pastores. Con esto, dixemos: imos facer algo pero dunha maneira un pouco irreverente. Entón, o que se lle ocorre a Marisé, e falando cos nenos, foi representar o nacimento do Entroido. Desta maneira, Leonor e outros pequenos vestíronse cos esos disfraces. A miña pequena -Leonor-ía de Virxe María e levaba un bandullisimo moi grande co que chegaba un momento que se poñía de parto, e ¡Ai! ¡Ai! ¡Ai!. O San José non sabía que facer, non sabía onde meterse, e de repente sacan dous bonecos, un par de xemeliños: un deles, estaba vestido como un volante; e o outro como un maragato. Desta xeito nacera así o Entroido" (13).

NOTAS:
1. 2012. Luis Prado.
2. Alberto
3. 2013. Carlos Rei Álvarez (Morito).
4. 2013. Ignacio e morito.
5. 2014. Marisé Rei e morito.
6. 2023. José Manuel Seixas.
7. 2012. Marisé Rei.
8. 2019. Alexandra Cabanas
9. 2019.
10. 2020
11. 2017. Carlos Vigo Varela.
12. 2020.
13. 2020. Alexandra Cabana e Marisé Rei.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES