Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Caixas de Aforro

miércoles, 08 de julio de 2009
Ían para a Meca da economía española pero quedáronse na Ceca, agrupadas: Confederación española de Caixas de Aforro.

Son un poder fáctico, poder económico, e por eso cando se pronuncian a través dos seus representantes, as súas opinións gozan de atención xeral.

A última noticia xerada polo conxunto das caixas foi a proposición de retrasar a idade de xubilación dos traballadores desde os sesenta e cinco anos que actualmente está en vigor ata os setenta.

Se atendemos á realidade social non se lle pode negar razón e oportunidade á proposta das caixas, tendo en conta que as persoas de sesenta e cinco anos, neste mundo de hoxe, poden aínda ser operativas para calquera empresa ou administración, tendo hogano os de setenta máis vida previsible en plenitude de facultades que hai trinta anos os de sesenta e cinco. Por eso, digamos que a proposta non caeu en saco roto senón en terreo aboado, pola excelente solución que sería para as finanzas públicas que os traballadores seguiran cotizando cinco anos máis en lugar de cobrar as súas pensións.

Pero as caixas –alomenos algunha delas- non están como para pronunciarse publicamente en relación con ese tema, cando as xubilacións anticipadas primadas pola empresa son aínda cuestións sangrantes se as comparamos coa situación xeral dos traballadores no país.

Claro que parece sensato camiñar hacia un retraso na idade da xubilación, pero ese posible retraso ten que vir dado por estudios feitos pola administración, diálogo coas forzas sociais, consenso cos traballadores en situación de xubilación ou próximos a ese trance, e primas ós traballadores que decidan voluntariamente alongar a vida laboral.

Quen xubilou traballadores con cincuenta e cinco anos de idade, quen distribuiu pagas extraordinarias que ó ano non se contaban cos dedos das mans, quen disfrutou de todas as prebendas que proporcionaba unha economía boiante, non pode agora falar de retrasar a idade de xubilación aínda que a proposta veña cargada de razón. A proposta si, o propoñente non.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania