Humildade, sinxeleza e rectitude
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 06 de marzo de 2025
Ó longo da vida cambian moitas cousas: as modas, os costumes, o nivel de vida...
Pero hai outras que son constantes a tódolos tempos e a tódalas culturas.
Entre outras, mantéñense: a humildade, a sinxeleza e a rectitude.
A HUMILDADE
A humildade pode entenderse como unha virtude ou como pobreza económica.
Neste caso quero referirme a esa virtude que fai tan grandes ás persoas que a pratican.
Oponse á un pecado capital chamado soberbia, que é todo o contrario.
En teoría consiste en recoñecer as limitacións e as debilidades que temos todos e cada un porque non somos perfectos.
Pero na prática non é tan doado recoñecerse a un mesmo.
Os nosos propios fallos son os últimos que vemos porque, no fondo, temos aspiracións elevadas e parécenos que somos máis bos do que en realidade somos.
A humildade como virtude está ó alcance de todos porque todos somos limtados por natureza; pero aínda así non é doado aceptala.
Aínda que pareza mentira, as persoas máis sabias e máis santas son as que se manifestan con maior humildade e, por outra banda, son as que menos defectos teñen.
¿CURIOSO, VERDADE?
Todos coñecemos algunhas persoas moi humildes e moi grandes e moi sabias e moi santas ó mesmo tempo.
Xustamente aí está a súa grandeza.
Incluso hai persoas que son humildes, sabias, santas e cunha
situación económica moi elevada.
Trátase de persoas moi exemplares porque non se dan importancia aínda que teñan moita: relaciónanse con todos sen facer distincións por razóns culturais, económicas, de raza, lingua ou relixión.
Dá gloria tratalas.
Lástima que non haxa máis...
A humildade como virtude, non está reñida con nada máis que coa soberbia e coa fanfarronería.
A humildade como condición económica, é máis doada de recoñecer.
A veces salta á vista; pero non é ningún delito.
No mundo sempre houbo ricos e pobres.
Algunha explicación terá.
Tampouco hai ricos absolutos nin pobres absolutamente pobres.
Todos somos ricos en algún sentido e todos somos pobres noutros...
Perfecto: ninguén.
A SINXELEZA
Está moi relacionada coa humildade.
A persoa que é humilde, tamén é sinxela, tratible, non é fanfarrona nin se complica a vida, nin a complica a ninguén.
Trátase de persoas que non se dan importancia porque o seu corazón é transparente, nobre, falan e obran co corazón na man: tal cual.
Levan unha vida moi sinxela independentemente da súa clase social ou do seu nivel cultural.
Danlle valor a aquelas cousas que realmente o teñen e saben prescindir de superficialidades.
Teñen claro o que merece a pena e o que non.
Deixan que o mundo corra...
A súa maneira de ser permítelles levar unha vida sen sobresaltos porque aceptan e agradecen de bo grao a súa situación.
A RECTITUDE
Pódese ocorrer que unha persoa sexa humilde e sinxela; pero ó mesmo tempo unha persoa recta.
A rectitde permítenos poñer límites entre o que pode e o que non pode ser, entre o que debe e o que non debe facerse.
As persoas que obran con rectitude: adoitan ser persoas que actúan con xustiza, con seriedade, con rigor e con decisión.
Son persoas de fiar.
No mundo hai moitas persoas así.
A primeira vista non caen ben a todos; pero á hora da verdade son auténticas.
ESTÁ DEMOSTRADO
-Cando temos uns poxenitores rectos, desexaríamos que foran máis flexibles; pero andando o tempo estámoslles moi agradecidos.
-Cando temos un profesorado recto, cóstanos seguir o ritmo que nos marca; pero máis tarde, sabemos canto ben nos fixo.
Así pasa con tódalas profesións.
-Felices as criaturas que teñen uns proxenitores que lles marcan, CON MOITO CARIÑO E MOITA TENRURA, o camiño recto que leva a unha auténtica realización persoal.
-Feliz o alumnado que recibe clases de profesores que ESIXEN O NIVEL ADECUADO para que poida abrise camiño na vida.
Hoxe en día precísanse máis que nunca persoas humildes, sencillas e rectas ó mesmo tempo porque o mundo leva un rumbo algo raro.
¿UN RUMBO ALGO RARO?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora