Mulleres no mundo da pesca, mulleres no Mar
O Martes 4 de Marzo, alumnas e alumnos da UNED SENIOR CORUÑA, acompañados do seu coordinador-titor Luís Ángel Rodríguez Patiño, cura de Xestoso, visitará a COFRADIA DE PESCADORES DE FERROL, para celebrar el Día Internacional da Muller e coñecer o duro traballo da

muller no mundo do Mar e en especial, no mundo da Pesca e da COFRADIA DE PESCADORES.
Esta visita ten unha duración de case 2 horas e conta coa axuda do grupo directivo da CONFRARÍA DE PESCADORES DE FERROL e coñecer as numerosas mulleres que participaron activamente no mundo da pesca nos últimos anos.
"O obxectivo deste proxecto é visibilizar e poñer en valor o papel desempeñado pola muller ao longo da historia recente no mundo da pesca neste ámbito: un percorrido pola historia e evolución das súas condicións laborais e sociais, e das súas inquietudes", destaca a organización. A visita conta coa colaboración de diferentes persoas que nos últimos anos participaron en traballos de recuperación da memoria e, sobre todo, coa intervención das principais protagonistas: as mulleres do mar.
"As mulleres sempre xogaron un papel importante no desenvolvemento económico da industria pesqueira", o seu papel no porto, así como os intercambios que realizan as mulleres, son o argumento principal desta visita "que recolle testemuños de pescadores, peixeiros e rederos, mariscadoras,

mulleres que participan na descarga e estiba do peixe, traballadoras da industria conserveira, así como empresarias e emprendedoras".
Depositar un ramo pequeno de flores, en honra a todas as mulleres relacionadas co mar, que faleceron.
O peixe e as persoas maiores
Comer peixe é bo para previr a oxidación celular, por iso é polo que se aconselle nunha dieta para os maiores. Hai que lembrar que o peixe é rico en vitaminas dos grupos A, C e E. Esta é, pois, unha das mellores maneiras que hai de atrasar o envellecemento celular para que non haxa problemas.
Por que se debe comer peixe na vellez?
Aínda que o peixe debería consumirse a calquera idade, a continuación menciónanse 4 motivos polos que se debe comer peixe na vellez:
- É fonte de proteínas magras: o peixe contén proteínas de alta calidade que poden axudar a manter a masa muscular e fortalecer o sistema inmunolóxico dos maiores.
- Rico en ácidos graxos omega-3: importantes para manter o bo estado de saúde do corazón e do cerebro.
- Contén vitaminas e minerais esenciais: como a vitamina D e o ferro, que son esenciais para a saúde ósea e a prevención de enfermidades crónicas.
- Fácil de dixerir: o peixe pode ser unha boa opción para aqueles anciáns que teñen dificultades para masticar ou tragar alimentos sólidos, ou para quen sofre de dixestións pesadas.