Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día da cadeira de Rodas

Bravos, Marisol - viernes, 28 de febrero de 2025
Xa case podemos dicir que hai días para todo e non podía faltar a cadeira de rodas, que tamén celebra o seu Día Internacional desde 2008, para recoñecer o impacto positivo na vida das persoas que a utilizan. A iniciativa vén do inglés Wilkinson, diagnosticado de espina bífida. Escolleu o 1 de marzo na honra do nacemento da súa nai, polo seu apoio e inspiración no proceso da enfermidade.
Día da cadeira de RodasCoa data tamén se pretende: facer visibles os dereitos das persoas usuarias de cadeira de rodas, concienciar sobre os desafíos aos que se enfrontan a diario, promover a igualdade de acceso e oportunidades, e impulsar as accións necesarias en infraestruturas ou espazos públicos e privados que faciliten unha mobilidade fluída. En definitiva, sensibilizar á poboación sobre a importancia da accesibilidade e da inclusión das persoas.
A nosa vida ten que xirar arredor da cadeira de rodas xa que dependemos do contorno. Día a día vexo con incredulidade, aínda me queda capacidade de asombro, como locais cambian de actividade sen ter en conta o acceso, en teoría unha das condicións para dar unha licencia de apertura. A de veces que se falou que para que un local poida exercer a súa actividade debe acreditar que cómpre as condicións de accesibilidade. Máis ou menos custosa, e tendo en conta que tamén se poden conceder certificados de excepcionalidade, é unha inversión que se fai só unha vez.
Para que a Ordenanza Municipal aprobada no 97, e que tanto costou conseguir? Seguimos a depender da sensibilidade e boa vontade. Explícome cun exemplo moi recente: un local da praza de Anxo Fernández Gómez que non era accesible, aínda que o intentaban cunha rampla metálica, trasladouse ao Campo Castelo coidando todos os detalles: porta, mostrador, espazos... (Sei do que estou a falar porque me pediron que fora probar unhas barras metálicas por se eran máis funcionais que a rampla da que dispoñían). Ben, pois nese local que deixaron abriu outro negocio nas mesmas condicións; confeso que desde que souben desa próxima apertura non deixei de mirar por se remodelaban o acceso, pero non.
Por outra banda tamén me consta, esta vez no barrio da Milagrosa, que negocios que queren coidar ao máximo o tema da accesibilidade -o local dispón dun baño adaptado, pero non se pode acceder ao local-, non entenden que os trámites se alarguen no tempo. Cando por moito, cando por pouco. Unha mágoa que non se controle ou facilite o cumprimento da normativa. Así non avanzamos para chegar a unha cidade máis inclusiva e que ese Lugo accesible se converta nun símbolo de calidade.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES