Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Trumposos e Musktodontes

Santalla, Iago - miércoles, 05 de marzo de 2025
Este capitalismo imperial e salvaxe no que o máis forte campa polo mundo, tamén nos leva a admirar a cara dura, a deshonestidade e ao estafador. Promóvese a crueldade dos impunes e a súa violencia dolarizada.

Hai persoas intocables que poden facer e desfacer ao seu antollo. O mundo é deles e xogan con el como o gran ditador co globo terráqueo. Mais agora, todo é traxicamente real e esta xente sen escrúpulos está dominando o mundo. Trump gañou democraticamente disque, disque porque ten un gran patrón capaz de mover masas de opinión e tamén de arrincar motoserras prateadas. Entón, un pode permitirse (agarrándose ao pensamento crítico) dubidar de como se moveu ideoloxicamente á poboación votante.

Xa no poder, quedan fora os escrúpulos e promoven un vídeo de como será a Gaza que contribúen a arrasar. Saen eles mesmos rodeados de poder, pasándoo ben, chuleándose da maneira máis obscena da súa felicidade e esquecendo a cantidade de mortes que ten como alicerce a súa merdenta moral.

Malditos sexan.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES