Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O renxer dos eixos dos carros

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 27 de febrero de 2025
Como ben sabedes, as corredoiras, camiños, "carreiros" e congostras en Galicia, eran moi estreitos, polo tanto, cando un carro ía para un lugar e polo mesmo vieiro ía en dirección contraria outro carro, cando se xuntaban, como facían para pasar?, pois para iso estaba o renxer do eixo do carro. Cando dous carreteiros ían polo mesmo camiño, pero un viña e outro ía, o que facían era escoitar o renxer dos eixos do outro carro, que de feito, pola súa "musicalidade", xa se coñecían uns a outros. Pois aí estaba o asunto, cando ambos carreteiros oían o renxer do outro carro, o primeiro deles que chegaba a un lugar xa concreto para estes menestreis, onde poder apartar o seu carro, apartábao para deixarlle pasar ao outro que viña de fronte a el. Aproveitábase a ocasión para botar un trago, porque a bota de viño non faltaba, fumar un cigarro xuntos e parolar e de paso, era un descanso para o gando.

NOTA: Estes lugares de aparcamento dos carros, eran semellantes aos que agora existen para as paradas de autobuses. Adoitaban facelos en terras non fértiles ou que non tiñan propietario.

En moitas ocasións, polo rozar do eixo do carro, o eixo podía acabar ardendo, cousa moi normal, polo roce da madeira como cando os indíxenas fan o lume.
Aquí en Foz, sendo eu neno había moitos carros, pero para que o renxer do eixo non fora molesto polas rúas do pobo, botábanlle graxa de porco no eixo e xa non renxía.
Compre destacar, que nalgúns lugares de Galicia, chegaron a celebrarse concursos de cantos de carros, de aí viña o dito popular:
"Se queres que o carro cante,
mételle o eixo no río,
que despois de ben mollado,
canta como un asubío".

Ou o aturuxo más característico cando se tocaba unha muiñeira, o aturuxo era:

Ai Carballeira, árdelle o eixo!!!.

Indiscutiblemente, o renxer dos eixos do carro eran moi populares en Galicia, pero non só no noso país. Tanto o noso folclore tradicional como e internacional, está cheo de refráns, cantos e anécdotas sobre deste tema.

Recordades aquel tema de Atahualpa Yupanqui de "Los ejes de mi carreta?". Pois é un tema que trata do renxer do carro nas zonas remotas de Arxentina. Aquí o tedes, a letra:

"Los ejes de mi carreta"
Porque no engraso los ejes,
me llaman abandonao...
si a mí me gusta que suenen,
pa' qué los quiero engrasaos...

Es demasiado aburrido
seguir y seguir la huella,
andar y andar los caminos
sin nada que me entretenga...

No necesito silencio;
yo no tengo en qué pensar.
Tenia... pero hace tiempo...
¡ahura, ya no pienso más!

¡Los ejes de mi carreta
nunca los voy a engrasar!

Pero temos una letra do cantar dos carros que é moi nosa, en letra do poeta da Terra Cha, Manuel María e música de Baldomero Iglesias de Fuxan los Ventos:

Non canta na Chá ninguén,
por eso, o meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
Qué fermosa e a sua feitura!.
Qué lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
Carrétame herba pro gando!.
Traime a colleita pra casa!
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES