Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

RAIMUNDO GARCÍA DOMÍNGUEZ 'BOROBÓ', UN GALEGO BO E XENEROSO

miércoles, 03 de septiembre de 2003
RAIMUNDO GARCA DOMNGUEZ 'BOROB', UN GALEGO BO E XENEROSO Recibo a nova do pasamento de mestre ‘Borobó’ na noitiña do xoves día 28 de agosto. Neses intres o meu sentimento é de mágoa e tristura ante a perda de un gran home, un galego de pro que concirne a cantos amamos os dereitos humanos. Coido que Raimundo García ‘Borobó’ atópase entre os poucos e escolleitos que dou Galicia no século XX.
A Borobó presentoumo no seu ‘Pazo de Trevonzos’ unha tardiña de verán o poeta Gonzalo Bouza Brey. Naquela tarde, escoitando ao Mestre, as horas facíanse minutos. Coido que aprendín máis neses intres que en tódolos anos pasados, souben valorar un pouco máis a vida, sendo este día un dos máis importantes para min. Dende que o coñecín, sempre sentín unha grande simpatía, respecto e admiración. Simpatía a súa persoa e cara ao personaxe. Respecto polo loitador integro dende as súas posicións políticas e polos valores que representaba, atento á realidade actual, cunha sensibilidade para adaptarse aos novos tempos, sen esquecer os valores esenciais do ser humano no mundo que vivimos de bafuallada cobizosa e retrincada. Admiración, en especial, por ter sufrido tan directa e cruamente a Guerra Incivil (desta maneira lle chamaba o Mestre á Guerra Civil). A imaxe e lembranza que conservo de Borobó as teño moi marcadas, xa que podo dicir que interveu moi decisivamente na miña vida en momentos moi importantes que determinaron que os meus valores éticos e morais colleran moito máis forza. Disfrutei de case todos os seus anacos, onde por veces facía máis lene a miña tristura, todo isto me fixo ser moi afortunado en especial o legado que me deixou, como é o Limiar do libro inédito ‘D. Francisco del Valle-Inclán, Unha páxina da historia de Vilaxoán do século XVIII’, libro que verá a luz a primeiros do ano 2004.
Ao longo destes últimos anos convidoume a unha morea de actos culturais, en especial a aquelas faladoiros en Rianxo onde Borobó doume a oportunidade de coñecer a moitos intelectuais galegos. Lembro con moita saudade o día que bautizamos en Trevonzos un castiñeiro co nome de D. Ramón del Valle-Inclán, alí estaba o Mestre Borobó presidindo a cerimonia e como testemuñas Xoán Guitián, César Lombera e Xabier del Valle-Inclan, este día foi para min moi emotivo xa que estaba todo en perfecta sintonía, foi un día de choiva, máis ben de orballo, ollando o mar de Arousa, as Torres de Oeste, Lobeira, Xiabre, Vilaxoán, Cortegada.
O mestre Borobó, nun anaco do xornal ‘A Nosa Terra’ referíase a min cariñosamente como o ‘Vello Rockero’, por unha anécdota que eu lle contara cando tempo atrás Rosa Aguilar (hoxe en día Alcaldesa de Córdoba) nun xantar en Vilaxoán me chamara por este sobrenome, cousa que eu xa me esquecera, pero a memoria portentosa de Borobó deixoume abrouxado. Dende aquela sempre nos chamabamos mutuamente e cariñosamente ‘Vellos Rockeros’.
Foise o Mestre, foise a nosa alegría. Foise para non voltar, xa non leremos aqueles anacos, xa non escoitaremos aquelas anécdotas históricas de proletarios victoriosos e de cabaleiros e políticos covardes. En Trevonzos choran os sorrisos e se marchitaron as flores, pero sempre navegaran os días no lento navío das semanas, meses e anos coas ondas das lembranzas e co recendo do salitre de Arousa, porque o mestre pertence el só aos ‘Vellos Rockeros’ que xamais morren. O día que finou, a historia trocou, a brisa fresca do vento mareiro levouse o derradeiro suspiro, pero sementou de lembranzas e anacos todo un camiño.
Ata sempre mestre Raimundo, onde agora te atopes estarás entre os ‘Bos e Xenerosos’.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES