Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 27 de febrero de 2025
Non vaia ser que se acabe o mundo!

Hai uns días fun devolver un libro á biblioteca de Barbadás e a bibliotecaria (aproveitando que anteriormente xa devolvera outro, consultara a miña ficha), sorprendeume coa noticia de que levaba pedidos en préstamo máis de cincocentos libros, desde que me dera de alta aí nesa Casa da Cultura Manuel María.
Pingas de Orballo Entendendo que me parecía unha boa cantidade, quixen saber a data exacta desa alta para poder saber se realmente era unha boa cantidade un non. Non tardamos en sabelo: o 22 de novembro de 2017, ou sexa, hai catro anos e tres meses. Non tardei en botarlle a conta para que, anualmente, me dera unha idea aproximada. Sobre 70 libros ó ano e case seis ó mes. (Fago constar que neses máis de 500 libros, hai uns cantos que saíron en préstamo da biblioteca Nós, a de Ourense; aínda que a media acabo de sacala dos 500 xustos, deixando os picos para a Nós). Tal cantidade, a de 70, non vai mal desencamiñada, cinguíndome ó evento que se realizou hai uns meses para agasallar ós máximos lectores da biblioteca da Valenzá, onde se descubriu que eu lera en todo o ano 69 libros. A media dos 70 podo alcanzala perfectamente pois, aínda que sexa de pascuas a ramos, sempre leo algún outro libro a maiores, ou ben por agasallos ou ben por préstamos particulares.
Creo que de todos é sabido a miña afección pola lectura, aínda que recoñezo que, por circunstancias e, por que non, pola idade, xa non leo como lía. As circunstancias fanme realizar outras tarefas que non me deixan tempo para a lectura, e a idade non me deixa que aguante horas seguidas como as aguantaba. Non obstante, non me queixo; á menor oportunidade que teño, tiro para adiante tragando páxinas e páxinas. Non vaia ser que se acabe o mundo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES