Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Arriba o Campo!

lunes, 06 de julio de 2009
A imaxe que teño dun tractor é a dun artiluxio multiuso que no noso campo se utiliza –incorporándolle os máis varios elementos- para arar, fresar, empacar ou esparcir purín, que se evidenciou como elemento imprescindible para sustituir ás vellas xugadas de bois, pero tamén foi -e supoño que segue a ser- elemento de prestixio entre as familias, resultando que coa mecanización que Galicia ten case se poderían traballar as fincas de media España.

Cando hai arredor de vinte anos, os labregos cabreados invadiron as cidades, milleiros de tractores ocuparon puntos neurálxicos demostrando o seu número e capacidade de reacción e de obstáculos.

A min colleume na Ronda da Muralla, en Lugo, co coche rodeado por varios tractores, cara ó mediodía, e alí o deixei agardando a liberación que non se produciría atavarias horas despois.

Esta tractorada de agora foi outra cousa. Eran menos tractores, porque en Lugo as crónicas sinalan o número de douscentos que dificultaron pero non cortaron o tráfico co que a situación non chegou a ser violenta.

Os tempos non só cambiaron na actitude. Unha rapaza subeuse á cabina dun tractor e desde alí, fronte ó edificio da Xunta, arengou ós participantes, gobernando a manifestación. Signo dos tempos. Na anterior tractorada sería unha imaxe imposible.

Pero con ser grande o cambio, chamoume a atención a evolución dos tractores. Na de hai vinte anos, tractores pequenos, de rodas dianteiras cun radio que non sobrepasaría en moito os trinta centímetros. E estes de agora eran uns tractores con rodas descomunais, cabinas a todo confort, novos, con artiluxios de todo tipo incorporados para causar maior impacto. O campo galego experimentou unha evolución económica – alomenos de investimentos en maquinaria – cando menos parella á realidade social que ata hai pouco tempo vivimos.

Os labregos fan ben cando fan notar a súa presencia, a súa incidencia social, armados cos seus artiluxios de traballo. Porque moitas veces o urbano esquécese do rural, sen darse conta que un sen o outro non existiría.

Á manifestación só lle faltaba música de fondo, que ben podería ser aquel himno de “Tengo un tractor amarillo”, que deixou de sonar nos nosos oídos. E algo de producción nacional. Porque non vin un só tractor que tivese marca ou referencias de ser producto español.

Teño un amigo quiosqueiro que moitas veces me recibe co saúdo de “Arriba el campo, y que trabaje Franco”. En tempos, puidera terlle producido algún disgusto. Agora que ninguén quere traballar, el segue coa súa teima e eu quédome coa primeira parte do saúdo: Arriba o campo!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES