Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cocido

Xiz, Xulio - miércoles, 26 de febrero de 2025
Otero Pedrayo considerou "sol do fumeiro" ao glorioso xamón, e a inspiración chegoulle en Monterroso para escribir o maxistral poema que consagra ao "Papa das carnes" como "Rei da lareira". Pero o que preside agora as mesas lucenses é o cocido, que nos goberna os padais desde o remate do Nadal ata a Coresma e máis aló.
Hai quen se queixa de que leva menos costela e soá ca antes, e eu esquézome delas e doutros adobíos tradicionais ou non, sempre que leve cachelos, garbanzos, grelos, chourizos, lacón e botelo. E o botelo ten que ser da Fonsagrada para ter paz con Manuel Curiel e coas miñas ánsias.
Levo uns cantos cocidos, e fáltanme outros tantos en laxo cumprimento do meu réxime, pois cando fago medición de niveis sintomáticos o cocido ofrece cifras semellantes ao pescado á plancha, a saber por que Cocido esforzo inconsciente do meu sistema vital.
O pasado domingo tocou cocido familiar, ceremonia anual que nos xunta a case medio cento de crentes na bondade de xuntarnos para celebrar a vida, e agradecer á descoñecida inventora -tivo que ser muller- da conxunción harmónica de tan diversos elementos nunha fermosa realidade.
Se en tempos o cocido era xantar económico, foi poñéndose polas nubes, e agora é máis asequible unha mediana mariscada ca un bo cocido, pero devotos do "carpe diem", impoñémonos o costume de manter a cadea como se rómpela fose causar unha desgracia.
Tendo á vista o antroido, coa coresma por diante, que cada quen respecte as abstinencias que profese, e os que temos o cocido por bandeira -co polbo, o capón, e o que se tercie- subamos aos tesos cumes e baixemos as abisais fonduras do saber do sabor, e que non nos pase nada (malo).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES