Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas que conservan o legado

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de febrero de 2025
Está demostrado que herdamos os xenes dos nosos proxenitores ata varias xeracións anteriores.
Do mesmo ou parecido xeito herdamos os valores que nos transmiten os nosos ancestros.
Por esa razón, todos nos parecemos en boa medida á familia á que pertencemos.
Ademais de parecernos, consevamos na nosa persoanalidade a impronta familiar ó longo dos anos.
Noutros tempos esa distinción era moi palpable porque a familia compartía máis tempo e máis vivencias.
Cando se trataba de familias do medio rural: xeralmente convivían varias xeracións que compartían os labores agrícolas, comían todos xuntos, conversaban arredor da lareira e deitábanse tamén á mesma hora porque daquela nin había televisión, nin internet, nin redes sociais.
No caso das familias do medio urbano, moitas nais ocupábanse exclusivamente dos labores do fogar e exercían de coordinadoras dos restantes membros da familia.
Deste xeito era relativamente fácil transmitir o legado familiar.
PERO OS TEMPOS CAMBIARON
-A muller traballa forá e máis dentro da casa.
-Temos moitas máis cousas pero menos tempo para compartir.
-Pasamos a maior parte do tempo fóra do fogar.
-Os horarios non sempre coinciden para poder convivir.
-A vida moderna é moi axitada, demasiado acelerada.
-Hai familias de varios tipos e non todas estables.
-Algunhas desestructuradas.
-Transmitir o legado familiar resulta máis complicado.
COMPLICADO, SI; PERO NECESARIO, TAMÉN
Cómpre facernos algunhas pregunas:
¿Se os proxenitores non se encargan de transmitir os valores, quen o vai a facer?
-¿A gardeiría?
Axuda algo; pero a gardeiría está para gardar os bebés mentres os proxenitores teñen que ir traballar.
-¿A escola?
Tamén axuda; pero a escola está para transmitir coñecementos das diferentes materias con vistas a un oficio ou profesión na vida futura do individuo.
-¿A Igrexa?
Axuda moito; pero a Igrexa está para acercar as almas dos crentes a Deus a través do seu maxisterio mediante a prática das das virtudes coa a axuda da gracia derramada polo Espírito Santo.
-¿O mundo?
O mundo esixe, golpea e penaliza cando non cumprimos; pero non transmite os valores familiares.
Se se ten que aprender á conta de mundo, mal vamos.
O MELLOR LUGAR PARA CONSERVAR E TRANSMITIR O LEGADO
É no seo familiar o lugar idóneo onde se adquiren os valores fundamentais que forman a nosa personalidade.
Porque:
-A familia é o berce que nos acolle con todo o amor do mundo ó longo de toda a vida.
-A familia é a que nos "arrola" para que descansemos placidamente no seu seo cando a fatiga nos asalta.
-A familia é a encargada de mostrarnos o camiño a seguir con moito tesón e moita paciencia, sen desfalecer nunca.
-A familia é a que nos corrixe para que cheguemos a ser boas persoas e bos cidadáns o día de mañá.
-A familia é a única disposta a "deixar a pel" por nós con tal de que sexamos persoas de ben.
NON HAI FÓRMULAS MÁXICAS
Non é cuestión de títulos, aínda que estes non estean reñidos coa transmisión dos valores.
A ciencia non está reñida coa santidade, van collidas da man.
Non é só cuestión de cartos: as cousas de máis valor son gratuitas
Con cartos non se compran: a amabilidade, nin as boas formas, nin o bo corazón, nin o bo facer.
Non é cuestión de referencias, aínda que estas poden axudar.
Non é cuestión de privilexios.
É cuestión de valía.
É cuestión de méritos propios.
GRAZAS A QUEN CONSERVA E TRANSMITE O LEGADO
-Con cariño, con moitísimo cariño.
-Con disciplina, que complementa o cariño e a comprensión.
-Con tesón, con moito tesón, sen desfalecer.
-Con traballo, con tanto traballo como faga falta.
-Con dedicación, sen regatear tempo nin esforzo.
-Con humildade, con sinxeleza e con rectitude, que son ferramenas moi valiosas.
"HUMILDADE, SINXELEZA E RECTITUDE".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES