Galicia, de bandeira
Editorial - viernes, 03 de julio de 2009
Temos os galegos e Galicia unha sona por España adiante das que leva tempo conseguir, e moitas veces nunca se conseguen.
A cuestión funciona na España árida e seca do centro, pero tamén no norte húmedo, no oeste mediterráneo ou no sur andaluz... E especialmente en Madrid.
Segundo esa sona, Galicia pode estar lonxe, no noroeste, perdida entre brumas, soportando choivas pertinaces e aínda alonxada xeográficamente porque as comunicacións manteñen distancias chamadas a desaparecer. Pero Galicia sobre todo é a consunción perfecta de mar e terra, vales e montañas, onde a terra sempre é verde de vexetación, a comida é das mellores cousas da vida, os rigores climatolóxicos non existen, e os galegos somos a xente máis pacífica e acolledora do mundo.
Pois así nos ven. E como nesto sempre hai formas de ver as cousas, para algúns será síntoma de subdesenvolvemento, para outros garantía de futuro turístico excepcional. Nós, quedámonos coa segunda das opcións.
Esto ven a conto porque Galicia ven de conseguir un total de 124 bandeiras azuis polo estado e calidade das súas praias e portos, superando en dezanove as conseguidas o pasado 2008. 49 bandeiras de praias son pontevedresas, 46 coruñesas e 24 lucenses. E nos portos, 3 pontevedreses e 2 coruñeses.
Galicia volve conseguir o primeiro posto nas comunidades españolas polo número de bandeiras azuis, o que para o Presidente Feijoo supón para este país un triple logro medioambiental, económico e social.
Temos gañada a consideración popular como comunidade e como conxunto de persoas, e o distintivo oficial que avala as zonas de veraneo danos un rotundo espaldarazo. Ben podemos concluir que Galicia é unha comunidade de bandeira.
Saibamos conservalo (conservalas) e potencialo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora