Un sen fin de cousas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 20 de febrero de 2025
Ó longa da nosa historia imos evolucinando conforme imos correxindo erros e máis erros...
Deixamos correxidos moitos; pero moitos máis quedan no tinteiro.
Durante moitos anos, cando aínda eran poucas as mulleres que tiñan acceso á unha vida con autonomía cultural e económica; pensaban que con casarse e que traballara o marido, xa se amañaban.
Amañábanse co soldo do marido e, se este falecía, a viúva cobraba a pensión correspondente.
Tamén se amañaban con que sacara o carné de conducir o marido e xa se encargaba de levar a familia a onde fixera falta.
A muller con atender a crianza dos fillos e ós labores do fogar, xa cumpría a súa misión, principalmente no medio urbano.
No medio rural galego a muller sempre foi polivalente
Realmente era unha fórmula de vida cun certo equilibrio.
Deste xeito as criaturas, os enfermos e os anciáns estaban sempre atendidos.
Pero esta fórmula tamén tiña os seus inconvintes, como ben sabemos todos.
ANDANDO O TEMPO:
Moitas viúvas quédanse cunha pensión que non lles permite cubrir as necesidades básicas.
Tampouco teñen autonomía para trasladárense porque nin teñen carné de conducir, nin coche. Lámentanse e din: UN ERRO.
HOXE EN DÍA:
Moi rara é a muller que non cursa máis ou menos estudios.
Moi rara é a muller que non se busca un traballo que lle permita cubrir as necesidades vitais e cotizar para cobrar unha xubilación o día de mañá.
¡¡¡Ben feito!!!
Os erros anteriores está máis ou menos correxidos, pero... ¿QUEN SE ENCARGA DAS CRIATURAS?
-¿As garderías?
-¿As actividades extraescolares?
-¿Unha persoa canguro, en certos casos?
-¿Os avós en algunhas circunstancias?
E pouco máis.
¿QUEN SE ENCARGA DOS ENFERMOS E ANCIÁNS?
-Algunhas veces a familia; pero cada día menos
-Os hospitais e a Seguridade Social se están hospitalizados.
-As residencias públicas para unha minoría dos casos.
-As residencias privadas para quen as poida pagar.
-As persoas internas nalgúns casos privilexiados.
-A necesidade no resto dos casos; pero a necesidade é moi negra...
SITUACIÓN ACTUAL
Como a vida está máis cara que nunca, hai que traballar ata idades avanzadas.
O tempo para compartir coa familia é cada vez máis escaso.
A tecnoloxía facilitanos o traballo con robots e incluso entretén as criaturas; pero esa tampoco é a solución adecuada.
Os valores familiares pasan a un segundo plano:
¡Que pena!.
Os problemas da saúde mental aumentan.
Moitos nenos presentan problemas de conducta no colexio derivados da falta de atención familiar.
Moitos adolescentes non encontran o apoio que necesitan nin na familia nin nos confesores como noutros tempos.
Os proxenitores encóntranse con desagradables sorpresas porque os seus vástagos collen malos camiños.
Os adultos non dormen coas preocupacións.
Os anciáns pregúntanse:
¿Cómo é posible despois do que me deixo sacrificado por eles?
NON BASTA CON TER CUBERTAS AS NECESIDADES MATERIAIS
O ser humano é moito máis que materia.
O ser humano precisa mimos, cariño, atención, ser escoitado, poder comunicar os seus sentimientos máis profundos...
O ser humano precisa vida de familia no niño de amor que debe ser o fogar, que ningunha institución pode sustituír.
AFORTUNADAMENTE
Aínda quedan moitas familias que educan en valores.
Moitos pais e nais que conservan os valores morais e relixiosos.
Familias que se ocupan da boa educación dos seus fillos.
Familias crentes que se rixen polos valores cristiáns, que cumpren cos seus deberes relixiosos, que acuden en familia ós actos de culto, que se esforzan por cumprir coa Lei divina que levan grabada nos seus corazóns, que teñen apoio espiritual cando o precisan e que conservan as tradicións.
"PERSOAS QUE CONSERVAN O LEGADO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora