Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morrer coas botas postas

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 17 de febrero de 2025
A expresión "morreron coas botas postas" fíxose famosa en 1941 cando se estreou a película co mesmo título que dirixiu Raoul Walsh e interpretou Errol Flynn e Olivia de Havilland. Cando o personaxe de Flynn (o xeneral Custer) partiu cos seiscentos soldados do famoso 7º Rexemento de Cabalaría para Little Big Horn a enfrontarse cos indios; estes, que eran seis mil, aniquiláronos como lles deu a gana... que morreron coas botas postas.

Digo que a expresión fíxose famosa coa película, pero como un dos seus significados é aquel de morrer facendo aquilo que che gusta, enténdese, entón, que tal expresión se Morrer coas botas postasusase xa desde que o mundo é mundo. Un dos que, por desgraza, lle tocou vivir tal situación foi o grandioso Molière, que hoxe fai exactamente 352 anos (17 de febreiro de 1673), morreu coas botas postas mentres representaba "O enfermo imaxinario". Tiña 51 anos, un mes e dous días.

Jean-Baptiste Poquelin, Molière, está considerado como o mellor escritor francés e un dos mellores do mundo. Din que é o pai da Comédie Française e mestre do clasicismo imperante na Francia do século XVII. Tamén se fala que os seus traballos interprétanse con máis frecuencia que os de calquera outro dramaturgo actual. Era moi crítico, incluso algo sádico e perverso cos burgueses, coa hipocrisía relixiosa, cos falsos, cos mentiráns; pero tamén sabía moi ben como facer rir á xente. Era feliz facendo rir á xente.

Estudou dereito, que só exerceu durante seis meses. O del era asistir ós parladoiros dos "libertinos", un movemento cultural estendido en Francia por ese século XVII, pero a súa orixe remóntase ó século XIII entre Francia, Alemaña e Italia e fai referencia ó espírito libre ou pensamento sen determinados dogmas.

En 1642 substitúe a seu pai como tapiceiro do rei Luis XIII e relaciónase coa familia de comediantes Béjart. O 30 de xuño de 1643 asina con esta compañía a acta de constitución do Ilustre Teatro e inician xa un período de xiras por provincias do sur de Francia. O papel de Molière non consiste só en actuar, senón que xa empeza a escribir as súas farsas e tamén a dirixir tal compañía. Porén, custoulle moito alcanzar a divindade que ten hoxe. Tanto que as súas obras mestras, "O misántropo" e "O médico a paus" non chegarían ata 1666, vinte anos máis tarde dos seus inicios.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES