Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Vizoso, Pardo de Cela e Mondoñedo

Meilán García, Antón X. - lunes, 17 de febrero de 2025
En Mondoñedo aniñou a tristeza, e en Sargadelos estes días só modelan soidades e pintan figuras coa cor do acibache. Xosé Vizoso, Pardo de Cela e Mondoñedo En Mondoñedo naceu; picarexou; tivo de mestre a Juan Puchades; veu chegar as bestas bravas ás feiras das San Lucas, que unhas e outras o engaiolaron e afincaron na súa alma, e fíxose home desde Fontevella ao barrio dos Muíños, onde os ferreiros, alfareiros, muiñeiros e panadeiros convertían o ferro, o barro e o trigo en distintas formas e figuras para dar agrado aos seus soños. E foise para Sargadelos, onde manexou como ninguén o que veu e aprendeu nos Muíños: diseño, modelado e o manexo das cores: branco, negro, azul cobalto, bermello... E a todo o que fixo, imprimiulleo seu cuño persoal: isto é de Vizoso. Puxo a Sargadelos no mapa e a Mondoñedo na ronselda cultura galega: Leiras, Noriega, Pascual Veiga, Cunqueiro, Marina Mayoral, Vizoso... Co pincel, engrandeceu aínda máis a Sargadelos, Mondoñedo e a Galiza. Levaba na mochila o barrio artesán dos Muíños e as feiras das San Lucas, que foron a escola de escritores e pintores: cabalos, Xosé Vizoso, Pardo de Cela e Mondoñedo tratos, menciñeiros, labregos, gaiteiros, queimadas, foliadas, troula, ruadas... E todo isto o verteu aos carteis, e converteu o caolín en Patria, a dos próceres devanceiros e a da clase popular: Rosalía, Castelao, Pedrayo, Murguía, María Pita... e toda unha lista de labregos, mariñeiros, afiadores, gaiteiros, antroidos... Vizoso modelou e pintou a historia, a cultura e o ser de Galiza. Na serie de persoaxes que lembra Castelao en Alba da Groria, aparece Pardo de Cela, do que o mindoniense, coñecedor da historia e intrahistoria da degolación do señor Comendeiro do Bispado, fixo unha figura que recorda ese abominable momento, na que o señor Mariscal sostén coa man esquerda, brazo en alto, a súa cabeza, que aínda verte o sangue polo antebrazo e peito. Vizoso interpretou a degolación coma nos demostra a Historia: -¿Queríades a miña cabeza?-Aquí a tedes, mais ergueita, sempre ergueita, nunca abatida nin vencida, que vai ser facho e vieirodesta Terra; e aítedes o meu sangue, que xerminarán outros homes varudos coma min. E aínda foi quen de reproducir nun prato de Sargadelos e na portada dun libro de Cal Pardo A matanza dos Santos Inocentes en lembranza do axustizamento do fillo de Pardo de Cela, aquel maldito 3 de outubro do 1483, coma fixotamén un pintor xenial, anónimo, nas paredes da catedral. Mondoñedo sempre no fondo dos sentimentos e na punta dos dedos de Vizoso e por isto, por se volveras, amigo, deixámosche as portas abertas das casas por aquelo de que "os que recordan sempre volven", compañeiro. ¡Que a terra e ese silencio escuro do camposanto te sexan leves!
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES