Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 18 de febrero de 2025
Coa cabeza gacha e a lingua rota

Son o Secundino da Generosa. Cando quero andar boto primeiro un paso e logo outro. Ás veces quedo quieto, como agora. Agora estou sentado nunha cadeira tomando un café. Sempre tomo unha copiña de augardente, pero hoxe déuseme por un café. Case sempre son de ideas fixas. Case sempre. Hoxe, como se ve, cambiei.
Son o quinto fillo da Generosa e do Saladino, ambos os dous de Poedo, alá por Baños de Molgas. Dos catro irmáns non sei nada de nada; dous marcharon para as Américas, un falaban de que largara para o Congo e o cuarto sei que está en Australia. Pingas de OrballoÉ todo o que sei porque, eles, tampouco queren que saibamos máis; nunca volveron dar sinais de vida. A verdade é que nin sabemos se están vivos ou mortos.
Eu, como vedes, estou vivo. Falo, respiro, de cando en vez escribo e berro moito, iso si. Subo ós outeiros e póñome a oulear coma os lobos. Ulo a flor de toxo e ouleo. Asomo polo balcón da casa e ouleo. Miro o meu reflexo no espello e ouleo. Ás veces ata creo que berro en silencio, que xa é dicir.
Teño 38 anos acabados de cumprir e cos estudos básicos. Son máis ben de lecturas de cómics e de novelas baratas. De pascuas a ramos vexo algunha película e síntome protagonista. Din que de parvo non teño un pelo. Eu confírmoo. Para enganar simulo que me falta unha fervura, pero sempre vou pola vida coa cabeza gacha e a lingua rota. Dixen mal? É igual. Sempre é bo confundir, trampear algo. Agora marcho, ou sexa, vou botar un pé para botar logo outro. Se é moi sinxelo andar; simplemente que, por veces, complicámonos a existencia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES