Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Se te multan, paga rápido

jueves, 02 de julio de 2009
Esto de facilitar o traballo dos que temos que pagar, progresa axeitadamente ó ritmo que marcan as novas tecnoloxías e a sociedade.

Facenda, que somos todos os que pagamos, mira co ollo dereito ós que presentan a súa declaración de xeito electrónico polo papel, os trámites e o personal que lle aforran.

Tanto o Goberno como a Igrexa fan campaña para que se lle poña un cruz no lugar correspondente desas declaracións anuais para que a cantidade que por Lei se destina a fins sociais quede nun ou noutro fondo para atender os fins que o declarante libremente elixa. E calquera das partes inviste cantidades importantes en reclamar a nosa atención e decisión.

Quen se ten enganchado con fruición a estes sistemas novos que a tecnoloxía permite é a Dirección General de Tráfico que estes dían está protagonizando unha campaña para facilitarnos o pago das multas, facendo fincapé en que está ó noso dispor para facilitarnos ese traballo.

Ben está, porque en tempos para pagar unha multa de tráfico había que ir a un estanco e mercar o correspondente importe de “Papel de pagos al Estado” e logo entregalo nas oficinas correspondentes para xustificar quedar liberado dese cargo moral e material.

Agora todo é máis facil. Non hai máis que dar os datos da multa, importe e número de tarxeta de débito ou creto, e a mesma administración se encarga de facer o correspondente cargo, e todos contentos. Máis se temos en conta que as xa respectables multas pola súa cuantía, teñen un desconto dun cincuenta por cento se se pagan así e nun determinado prazo de tempo.

Claro que vendernos a moto de que é polo noso ben, resulta un pouco chocante. O sistema permite percibir as cantidades de xeito directo, sen gastos de ningún tipo, se custe de persoal, e moito máis axiña. Que nos facilitan o traballo?, si. Pero déixennos que sigamos a pensar que estas cousas son un mal menor, porque seguro que as merecemos, pero tampouco é como para botar foguetes por pagalas de xeito máis cómodo.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES