Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os milagrosos homes de ODS

miércoles, 01 de julio de 2009
Eu non coñecía ós homes de ODS hasta que participei no primeiro “Aquelarre na eira das meigas”. Desde entón, nunca deixaron de sorprenderme co seu traballo, coa súa dedicación, co seu entusiasmo.

Nunca vin o Aquelarre desde diante, pero participo como poucos desde detrás do telón. E vivo a febre que a todos nos afecta nos momentos previos de calquera destas celebracións.

Pouco antes de empezar, polo monumental escenario deambulan o grupo de baile convertidos en bruxos e meigas, Maricarmen atacada dos nervios, o gran Bruxo repasando o seu papel, dúas ducias de participantes que intentan concentrarse para comezar a función. E os de ODS.

Non sei moito de tantos por cento, e por iso non sei dicir que porcentaxe de todo eso lles corresponde a estes tolos deseñadores, executores, soñadores e dinámicos artimañas. Pero sen eles non hai Aquelarre.

Desde o primeiro momento entendín que estas tolerías non se fan por cartos, senón por ilusión. E son testemuña de cómo Maricarmen lles paga con ilusión e eles devólvenlle frenesí. E como eu levo comisión en todo eso, de Maricarmen e deles recibo tanto frenesí e tanta ilusión que cando me subo ó escenario en Viveiro recibo unha cura de mocidade e baixo moito máis novo do que subín. Como levo uns cantos anos metido nestes frenéticos aconteceres, síntome rexuvenecido e agradecido. E alucinado.

Eu supoño que se comparo aquel frenesí coa aldea dos galos cando os romanos atacan lles vai parecer moi raro. E se sigo comparando a Jesús con Asterix e a Ivo con Obélix poido gañarme dous inimigos. Pero, sabendo como traballan, pensan e actúan, prefiro telos como inimigos que como cabreados abstencionistas por problemas que ó mellor se arreglan sentándose a falar. E logo está José Manuel, e o resto da súa xente, que son moitos no asador para poder obter un resultado sempre espectacular.

ODS na Mostra non é unha empresa; é unha ONG. Unha empresa que factura e cobra, non traballa con ese entusiasmo. O que se paga con cartos faise con interese, non coa alegría de vivir que eu observo nestes desmelenados soldados da ilusión que creen que Viveiro merece todo, e que nun escenario na praza Pastor Díaz se pode conseguir a ilusión que permita seguir vivindo este tempo de crise, irradiar un influxo benéfico que lle permite a Viveiro seguir sendo a cidade leda de xente amable e risoña á que estamos afeitos.

En fin, que xa está ben de dar circunloquios. Vou rematar dicíndolles ós homes de Ods que non teñen dereito a plantar co seu traballo agora. Nin co Aquelarre, nin co Belén xigante, nin con ningún outro esforzo similar. Que posiblemente sexa un de fóra que se considera de Viveiro alomenos unha semana do verán o que mellor poida dicirlles que o que fan non ten precio, e que se alguén non llo recoñece, sí o facemos todos os que valoramos o seu traballo.

Veña, homes!. Se non hai Aquelarre, eu gañarei unha tarde de praia nas miñas vacacións de verán. Pero moita xente perderá moito. E eu mesmo sei que a experiencia desa noite viveirense non se compensa con mil horas de praia.

Despois de corenta anos dedicado ós temas da Cultura, levo nas meixelas tantas losqueadas como aplausos nos oídos. Pero un aplauso compensa mil losqueadas. Por unhas cantas losqueadas, non vos quededes sin os aplausos de Viveiro.

Cunha fortísima aperta.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania