Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novas obras? Eu créoo

miércoles, 01 de julio de 2009
Creo e ilusiónome. Creo na palabra do ministro Blanco, ilusióname o seu convencemento e a súa forma de falar da nova ponte (ou pontes) sobre o Miño, ou da chegada da AVE a Galicia. Faime crer e ilusióname, aínda que todos saibamos que unha obra de semellante envergadura non remata co voo dunha vara máxica.

Pero case me atrevo a afirmar que ningún de nós cría en 1992 que aquel invento ferroviario que unía Madrid e Sevilla en pouco máis de dúas horas, chegaría un día á nosa terra. Recordemos que a segunda vía de alta velocidade, a de Zaragoza e Barcelona, aínda é unha recén nacida. Por iso ilusióname que os seguintes quilómetros de vía se dirixan cara a nós, pouco a pouco, pero con paso firme. Tampouco soñabamos coa A6 e usámola a diario. Por iso creo e soño.

Que dicir da ponte sobre o Miño? Non dubidaría en colocar ladrillos eu mesmo o día que inicien tal obra, non esquezamos, e son boas datas para iso, cando Galicia se revoluciona coa nominación da Torre de Hércules como Ben Patrimonio da Humanidade (Recordando a consecución de idéntica distinción pola Muralla de Lugo no 2000) Non esquezamos, como lles contaba, que a ponte romana da capital das murallas soporta a diario un intenso tráfico rodado, talvez a UNESCO aínda non o recoñeceu, pero unha obra de enxeñería de tal magnitude e con dous mil anos de historia, é patrimonio de todos. O que polo menos lle debemos é darlle o seu merecido descanso e admirar a súa maxestosidade.

Por ambas as dúas, quero crer, quero ilusionarme e quero soñar, talvez o mago é o señor ministro. Se o é, benvido sexa. Dende logo, este home algo desprende, non sabería dicir que é, cada un pensará en si mesmo. A min transmíteme tranquilidade, confianza, faime pensar nun amor común por esta terra, nas gañas que ambos os dous temos de traballar por ela. A miña e a súa, señor ministro, a nosa terra. Eu créoo.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES