Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os libros, para quen máis os necesite

miércoles, 01 de julio de 2009
A xustiza non parece estar en dar a todas as persoas a mesma cousa ou cantidade. A xustiza parece estar en dar a todas as persoas cousas ou cantidades que lles permita estar en igualdade ca o resto.

Se aceptamos esta premisa, que os libros resulten gratis para todos os nenos galegos pode ser xusto. Pero máis xusto parece que reciban subvencións para libros os pais que teñan as rendas máis baixas para colocalos en mellor situación económica da que están.

A cantidade que se sinale de tope para recibir total ou parcial subvención sempre será discutible, e será potestade do goberno de turno sinalar esa cifra.

Coas cantidades establecidas agora de ata 5.400 euros anuais por persoa para percibir a subvención máxima de 180€ ou desde 5.400 a 9.000 para percibir aproximadamente a metade, estímase que se vai poder atender o 65% dos fogares galegos, dos que o 25% estarían no primeiro dos casos e o 40% no segundo. Substítuese así o modelo de préstamo gratuito dos libros por subvención para a compra, co que o sector dos libreiros considérase de noraboa.
División de opinións nos diversos sectores afectados, como adoita ocorrer en decisións transcendentais e que afectan a boa parte da poboación. Pero o que pouca oposición pode plantear é a que se axude ás familias de rendas máis baixas e non se faga ás máis altas.

Outra cousa moi diferente é que as declaracións da renda, instrumento básico para xustificar os rendementos económicos dunha familia, reflictan a realidade nun contorno social de tanta economía submerxida. Pero este é outro aspecto que a sociedade ten que enfrontar con seriedade e sen dilación, xa que moitas decisións e beneficios dependen de que as declaracións sexan instrumentos axeitados para conseguir que funcione a xustiza social.

En tanto, que os libros sexan gratis para os que demostren gañar menos, non ten moita contestación e a decisión parece ben xusta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES