Valores, valores, valores
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de febrero de 2025
Noutros tempos non moi lonxanos había un xornal chamado "El Caso" no que se publicaban noticas tráxicas e escandalosas.
A infancia non tiña acceso a ese tipo de noticias, nin falta que lle facía.
Hoxe en día ese tipo de noticias está ó alcance de todos.
Son tan numerosas e tan frecuentes que parecen: "o noso pan de cada día"
A veces ata saltan a primeira vista.
Querendo ou sen querer: a infancia respira ese ambiente.
¡Pobre infancia!
¿É esa a escola que lle queremos dar?
¿INFANCIA EN MANS ALLEAS?
Coa incorporación da muller á educación e ó mundo laboral, o fogar perdeu tempo e dedicación para a infancia, os enfermos e os anciáns.
Esta claro que a muller precisa ter autonomía formativa e laboral para poder realizarse con liberdade de movementos, igual que o varón.
Tamén está claro que o fogar precisa atención.
Compaxinar ámbalas dúas cousas non resulta nada doado.
Moitos pais de hoxe en día tamén se implican; pero aínda así...
Nalgúns casos os avós poden botar unha man; pero non sempre.
Non queda outra: hai que depender de mans alleas.
A SOCIALIZACIÓN É IMPORTANTE
Claro que si.
Relacionarse, saber comportarse no colexio, respectar ó profesorado, non molestar ós compañeiros, cumprir os horarios, comer de todo no comedor escolar, gardar as normas de hixiene e cortesía...
Todo eso é de suma impotancia; pero non é suficiente.
Na familia mámanse os valores fundamentais que conforman a nosa personalidade para toda a vida.
NADA NIN NINGUÉN SUSTITÚE Á FAMILIA E Ó FOGAR
Certo que todos coñecemos a persoas que foron para nós de suma importancia, como segundos pais.
Persoas ás que nunca lles pagamos a obrigación.
Persoas sen as cales non chegaríamos a ser o que hoxe en día somos.
Persoas entregadas, persoas maravillosas, persoas excelentes, peroas con vocación
Pero...
En ningún sitio hai ese grao de confianza do fogar que pon a flor de pel os sentimientos máis nobres onde se respira: amor, valores, tradicións...
Cando os proxenitores fan garda vintecatro horas ó día, o resultado salta a vista: ¡A ETIQUETA FAMILIAR!
ESTÁN MOI BEN OS FOGARES INFANTÍS
Desafortunadamente hai criaturas que se ven privadas dos coidados paternos e viven en fogres infantís coidadas por persoas de moita valía, moita entrega e moita vocación; pero...
As criaturiñas sofren carencias afectivas que ninguén pode sustituír.
Algunhas teñen a sorte de poder reinsertarse na sociedade con éxito.
Outras vense abandoadas á súa sorte.
Aí nótase a diferencia.
NON TANTO, PERO ALGO SI
Non tanto pero algo parecido pásalles ás criaturas que non poden gozar das persoas que máis aman tanto como necesitarían.
¡Canto deixamos chorado cando empezamos a escolaridade por ter que deixar ós da casa tan só por unhas horas!
Moitas criaturas de hoxe en día xa van afeitas das gardeirías; pero seguro que sofren.
¿QUE FUTURO NOS ESPERA?
Podemos decir que a rapacería de hoxe en día sabe coller un avión, sabe desprazarse... pero botan moito en falta a vida en familia.
O mesmo que lle pasa á rapacería, pásalle ós restantes membros; especialmente ó máis vulnerables: enfermos e anciáns.
O progreso actual ten un prezo.
Nesta vida todo ten un prezo.
PRECISAMOS REARMARNOS DE VALORES
-Crear familias con valores estables e duradeiros.
-Amar a vida en familia.
-Humildade e sencillez no noso proceder.
-Xenerosidade en abundancia.
-Respecto profundo á vida propia e á dos outros
-Moderación á hora de consumir.
-Poñer moito amor en todo o que fagamos.
E un sen fin de cousas máis que todos sabemos.
UN SEN FIN DE COUSAS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora