Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perrenchas que acaban mal

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 10 de febrero de 2025
Seguimos a ter alma de desapiadados, de desalmados, de sádicos, de inhumanos. Por moito que a Sanidade vaia mal -que vai, vaia se vai-, non é escusa coma para ir con Perrenchas que acaban mal coitelos, fouciños, sachos e machadas ós hospitais ou ás residencias sanitarias, que foi o que aconteceu a tarde do luns pasado nas urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, o Chuac.

Semella que o individuo que asomou cun coitelo presentaba problemas psiquiátricos, pero nin isto é desculpa para tal acción. Como se pode ir a un complexo hospitalario cun coitelo? Como se pode permitir que entre desa maneira? Normal que agora os sanitarios esixan máis medidas de seguridade. Porque, ese asunto, non é o único nin será o último que aconteza nos hospitais de todo o país. Creo recordar de ler ou de oír que hai unha media duns corenta ataques anuais a sanitarios e demais empregados dos hospitais; o que demostra que están completamente indefensos e, o que é peor, que non temos paciencia, que non valemos para recibir certos diagnósticos médicos. Crémonos inmortais e axiña lles botamos as culpas ós médicos ou a quen nos atende. Non asimilamos que o mal é noso e que, eles, precisamente, o que intentan é erradicárnolo. Sempre pecamos de intransixentes e non tardamos en alporizarnos. E hai perrenchas que acaban mal.

Como a rabecha que se pillou o Real Madrid polas actuacións arbitrais, principalmente a do outro día cando, xogando contra o Espanyol, un xogador deste club lle fixo unha Perrenchas que acaban mal entrada terrorífica a Mbappé e o árbitro non o expulsou. Coa igrexa topamos! É dicir, co Sancta Sanctorum do Real Madrid.

O club inmaculado ergueuse en armas contra a arbitraxe, contra os estamentos futbolísticos e contra todo o que se lle poña por diante. Confesan que a Liga está adulterada. Adulterada estivo sempre, digo eu. Adulterada polos dous poderosos (os brancos e os cataláns), que incluso o propio Jorge Valdano, sendo director técnico do club merengue, recoñeceu nun parladoiro televisivo. E se non que llo pregunten ó Celta no seu partido de Copa contra o Sancta Sanctorum, que lle escamotearon un penalti ós galegos e, a estes, nin se lles ocorreu presentar unha denuncia polo civil, como quere facer o gran Florentino Pérez.

Que o Real Madrid fale de adulteración é darlle a razón ó noso Valle-Inclán cos seus esperpentos. Di Stefano dicía que o Madrid era o equipo do Réxime. Valdano di que todas as temporadas parten con, polo menos, 10 puntos de vantaxe sobre os demais por axudas arbitrais e de despacho. A min xa non me queda que dicir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES