Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As escolas no franquismo (12)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 18 de febrero de 2025
O mestre dos mestres da nosa bisbarra: Argimiro Rico Trabada.

Da súa biografía en Internet:
Tortura y asesinato de un maestro republicano: "Le sacaron los ojos, le cortaron los testículos, se los metieron en la boca y le machacaron la cabeza".
As escolas no franquismo (12)
Arximiro Rico, 32 años, maestro rural, moderado y activista de la educación, asesinado por falangistas...
-.-


¿En que consistiron os castigos? Fusilamentos á parte, podían ser separados definitivamente dos seus postos, suspender de emprego e soldo, desde un mes a indefinidamente, traslados a outra provincia, etc. As ¿infraccións? supostas, atribuídas, fosen reais ou imaxinativas, podían ser de índole política, social, profesional, relixiosa, moral, etc., etc. ¡Todo de traxicomedia!
-.-


A depuración dos mestres, repito, foi excelente para as rapaciñas nadas polos 30 arriba, pois, entre as novas escolas e maila depuración franquista, a Normal abriulles as portas, e coas portas, o seu futuro. ¡A Normal de Lugo, saturada de femias!

Comezou a depuración, a fortiori, no mesmo golpe de Estado, xullo do 36, pero foi ¿legalmente? establecida polo Decreto núm. 66, do 8 de novembro do mesmo 36. Introducírona así: "La atención que merecen los problemas de la enseñanza, tan vitales para el progreso de los pueblos (¡cínicos!) quedaría esterilizada si previamente no se As escolas no franquismo (12)efectuase una labor depuradora en el personal que tiene a su cargo una misión tan importante como la pedagógica". (¿Incluídos os disparos de fusil? ¡Aquela función si que foi pedagóxica!).

Naquilo andou argallando José María Pemán, pero o "controlador" de facto foi Enrique Súñer Ordóñez, que estaba obsesionado co ¿presunto? "daño que los intelectuales progresistas le estaban causando a España". (¿?)

Ademais dos fusilados, calcúlase que foron sancionados entre un 25 e un 30% dos docentes depurados, maiormente nas provincias ¿submisas? ¡Vaia purga!

Castigos nos expedientes. De todo tipo: Separación definitiva do cargo, con baixa no escalafón; traslado forzoso, alonxándoos; suspensión temporal de emprego e soldo; inhabilitación para cargos directivos e de confianza; inhabilitación para exercer o ensino; etc. Ademais disto, houbo exames e cursos forzosos de... ¿de descontaminación?
-.-

Segundo che veño dicindo, meu neno, antes da II República (séxase, antes do ano 1931), as escolas públicas limitábanse ás cidades e ás grandes vilas ou demarcacións, tal que en Montecubeiro a escola do Pombal, pois nas outras aldeas o ensino era, xeralmente, de carácter privado, exercendo como mestres, nos invernos, as persoas máis instruídas da bisbarra. A estas escolas, que primeiro se pagaron con ferrados de cereal, trigo ou centeo, por alumno e mes, e despois do ano 1930 en cartos, acudían máis ben os varóns, a pretexto de que lles conviña saber algo por se tiñan que facer o servicio militar ou emigrar. Comezaban sobre os cinco ou seis anos, e despois, cando podían, ou tiñan ocasión, seguían indo á escola incluso despois de volver do Exército.

Eran no inverno, tódolos días da semana, excepto domingos e festas relixiosas, pois no resto do ano todos facían falta para atender as labores agro-gandeiras, e aínda así ían de noite, ou en días malos, pois nos bos axudaban a linda-lo gando, partir leña, soutar, etc. Por suposto que ían a escola andando, sempre, e por veces desde media legua, ou máis, de distancia.

As clases dábanse na casa onde parase o mestre, que sempre era na dos máis ricos do lugar por ser, xeralmente, os que dispoñían de habitacións sobrantes e axeitadas.

Nun artigo do blog "por-Millares.blogspot.com 2013/12/escuelas-de-ferrado.html", (que se copia nas addendas do presente), afirmaban rotundamente, referíndose aos mestres de "a ferrado": "Nunca se lles recoñecerá suficientemente a impagable labor que desenvolveron".

Onde había convento ou igrexa parroquial nesta función instrutiva participaron os frades e mailos párrocos; moito. ¡Hai que agradecérllelo, tamén, pois esa obriga, nun senso material, non a tiñan.

Cando a guerra de España, aquí en Galicia, entre os mobilizados e mailos depurados, o Maxisterio oficial quedou reducidísimo, así que polos anos 40 a carreira máis fácil, coa colocación asegurada, -xa cho dixen-, e tanto, que incluso algunhas mestras designaban substitucións, foi Maxisterio. Así se dotaron case tódalas escolas creadas pola República, inaugurándose, incluso, algunha nova.

En Galicia débeselles, tamén en materia escolar, un gran favor aos emigrantes, particularmente os retornados da Arxentina e de Cuba, que costearon edificios importantes e axeitados para escolas, hoxe dedicados a museos e/ou a diversos centros sociais.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES