Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Correspondencia entre María das Dores Arribe Dopico e Ricardo Carvalho Calero (1)

Rivero, Manuel - lunes, 10 de febrero de 2025
O epistolario que se conserva na biblioteca do Parlamento da Galiza, entre estes dous intelectuais, contém nove cartas, que están datadas na década dos oitenta (1981, 1983, 1984 e 1989). Son documentos, cheos de sabedoría, carinho, admiración, respeito e confianza.
Para Lola, D. Ricardo era o perfil da persoa que reunía os talentos máis prezados: educado, respeituoso, culto, agradable, nobre, inteligente, valente, estoico, sobrio e sabio, Viña a ser a fonte de sabedoría e a referencia a seguir. Foi o seu mestre, mentor e amigo. Sentíase abençoada e agradecida pelos momentos que podía partilhar, tanto na distancia a través da correspondencia como nas coincidencias en congresos, conferencias, apresentacións e outros eventos, tanto públicos como privados.
Esa reciprocidade era visível en D. Ricardo, con agarimo acolhía sempre a Lola, tanto através da palavra justa, como coa linguagem corporal transmitía ese fluír espiritual, e as áreas de confluencia, tantas e tan comúns entre estas dúas persoas de ben dizer e de melhor obrar.
Os documentos digitalizados, som acompanhados de uma breve entrada para cada um deles:
“Carta, 1981 novembro 22, Ferrol, a Carballo Calero Arribe Dopico, Maria Dores.
Agradece o envío do artigo "Académicos e litógrafos", sobre Fontenla Leal. Fai referencias á petición de "liberdade de expressom para os reintegracionistas" feita nas páxinas de La Voz de Galicia por 50 operarios de Bazán. Comenta que estivo preocupada por non ver durante un tempo artigos de Carballo en La Voz, pensando que podería existir un veto, pero que xa ve que non foi así. | Autógrafo.
AC 112 0086 Biblioteca do Parlamento(c) ARQUIVO CARBALLO CALERO”
Coa profundidade, precisión, rigor investigador e apreço por tudo o que facía como de costume en D. Ricardo, así agradecía o esforzo dum homem tam importante para a nosa cultura e como tantos outros tam esquecido e silenciado:
Fontenla fue un personaje, como dijo Curros, de esos que llevan en la frente una estrela. Un hombre "iluminado" que supo comprender cuales eran las necesidades de su tierra para su mejor identificación como País.
Creo importante reproducir lo escrito por Ricardo Carballo Calero en su libro "Unha Voz Na Galiza" y en el capítulo Académicos e Litógrafos, en el que indica:
"Ramón Cabanillas chega a Cuba como imigrante en 1910, dous anos despois do pasamento de Curros Enríquez. Vai recoller o seu herdo, segundo a declaración de Basilio Alvarez, estampada no libro inicial do fefiñanés. No desterro, que o orador popular prologa. Na illa antillana, Cabanillas relaciona-se intensamente con moitos galegos que coñeceran e admiraran a Curros. Entre eles figura o meu paisano José Fontenla Leal, que debe ser considerado como verdadeiro promotor da formación da Academia Galega... eu sinto-me obrigado -obedecendo voces que me traen os ecos do meu recanto natal- a contribuir, ben modestamente, á lembranza do galego excelentisimo como Cabanillas o califica,... Non era, de ningún xeito, un intelectual, era algo así como un honrado cajista, segundo se definía o Julián de La Verbena de la Paloma... Mais, no caso de Fontenla, como promotor, e non como cultivador, das letras nativas... Un país no que as actividades do espirito estén servidas só por inteletuais sería como unha relixión na que todos os fieis fosen exclusivamente sacerdotes. No sei que será máis funesta: unha teocrácia ou unha sofocrácia. Unha nación non é un cabildo catedralício nen unha asembreia filosófica...”
Quanto ao agradecimento pelo apoio dos reintegracionistas por parte de cincuenta trabalhadores de Bazán, foi un fito moi significativo, eu lembro con nitidez os primeiros momentos vividos en Ferrol, pelos defensores da reintegración do galego no espazo que por historia lhe correspondía, recuperar as raízes galegas, escrever com dignidade e afastar-se do absurdo que acontecia na realidade.
O núcleo de Ferrol, dinamizado pelo professor Martinho Montero, foi vital para o nascimento da AGAL o seu compromiso e apoio durante esas primeiras etapas, das que para sinalarnos desde diferentes ámbitos usaram numerosos adjetivos, por certo, além de serem falsos, nom havia nada de agradável neles. Daqueles comezos, lembro con gratitude a Martinho Montero, Lola Arribe, María do Carmo Salgado. Nanda, Pepa Abeledo... alguns de nós fómonos integrando na primeira e na segunda directiva.
O preocupación, pelo possivel veto de D. Ricardo na Voz de Galicia, foi visivel em tudo o movemento reintegracionista. D. Ricardo era o nosso guía, o intelectual de referencia, lingüista, sabio, inquebrantavel, ético, seguro e valente. Tivo presións de todo tipo desde diferentes frontes, que de forma estoica soubo sufrir, aguantar e superar. Tivemos que esperar tantos anos para que se lhe dera o día das Letras Galegas, que por fin con tanto retraso chegou no ano 2020, aos trinta do seu falecemento (1990-2020).

Páginas Web consultadas:
https://www.sociedadecolumba.com/articulo/breogan-ii-1864-1919-jose-fontenla-leal
AGAL homenaxea en Santiago aos pioneros do reintegracionismo moderno.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES