Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 07 de febrero de 2025
Ocio educativo ou cultural

Xa está. Tarefas feitas. Agora toca algo de ocio en plan educativo ou cultural, é dicir, escritura, película e lectura. Por esta orde. Ou non. Aínda que somos animais de costumes, ás veces, é bo rachar as regras, romper os principios, cambiar as posturas. A vida, se leva sempre o mesmo ritmo, cansa, chega a cansar. De cando en vez é bo saír pola tanxente, ser imprevisibles.
Pingas de OrballoNun chiscar de ollos podo cambiar perfectamente as dúas últimas actividades (a primeira, a da escritura, estou con ela); ler primeiro e ver logo a película. Tamén pode darme unha arroutada e seguir con esta, coa escritura (non o relato, claro, que se faría eterno e estúpido, por suposto; pero podo escribir sobre outros asuntos) ou tamén pasar olimpicamente das outras dúas. Isto si sei que é unha verdade de pé de banco, ou sexa, unha trapallada porque nin eu mesmo me creo que sexa capaz de rematar o día, a noite sen ver unha película. A lectura dependerá da duración do filme, aínda que penso que, ata a unha ou unha e pico da madrugada, malo será que non teña tempo de ler polo menos un capítulo, unhas páxinas. É máis, teño a intención de rematar o libro, ó que lle quedan unhas 30 ou 40 páxinas.
Así é que, ale, rapidiño e correndo con este Pingas para poñerme canto antes coa sesión cinematográfica (en formato televisivo) e así concluír cun marabilloso libro titulado "A conciencia contada por un sapiens a un neandertal", de Juan José Millás e Juan Luis Arsuaga. Como se pode combinar enxeño, entretemento e divulgación, segundo a opinión de Marta Domínguez. E con diálogos máis que divertidos, segundo o meu criterio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES