Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polas nubes

Xiz, Xulio - viernes, 07 de febrero de 2025
Hai algo menos dun século, España despertou ao turismo de calidade promovendo a construción de Paradores en edificios históricos, ao nivel preciso para recibir visitantes de alto nivel adquisitivo. E cando o turismo funcionou á perfección, con estas instalacións satisfacíanse as necesidades, e as posibilidades, dos económicamente fortes, elevábase o nivel de oferta, posibilitábase que as clases medias puidesen ir accedendo, e que os menos podentes ao mellorar a economía, fosen incorporándose ao consumo.

Seguindo os Paradores o seu camiño, a clase dirixente aprendeu que mo mercado libre, as elevacións dos prezos na oferta pública e na privada poderían xustificarse pola subida do nivel de servizos. E que esta xustificación non faría falla en lugares ou situacións, nas que a oferta única permitiría prezos abusivos en lugares nos que auténticos monopolios disfrutan de absoluta liberdade.

Podemos falar das áreas de servizo en autovías e autopistas, onde os niveis de prezos está manifestamente por riba da realidade das zonas inmediatas, pero especialmente dos aeroportos onde por servizos medianos, autoservizos, e alimentos plastificados cóbrase como se fosen cociñados polos mellores chefs e servidos por profesionais que se desfán en atencións.

Nos aeroportos practícase a tortura de xeito refinado, coas cousas de comer a precios desorbitados, e un séntese sospeitoso cando o cachean, alguén o trata despectivamente, ou lle pasan un detector de droga a unha nena de 13 anos. Todo sexa pola economía, polo turismo, pola seguridade, e porque xa estamos moi afeitos a que todos os produtos que precisamos se poñan polas nubes.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES