Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Y el pobre mundo qué?'

Santalla, Iago - miércoles, 12 de febrero de 2025
Este título é o retrouso dunha vella canción da Trinca na que describían como choraban os poderosos preguntándose se eles choran así "y el pobre mundo qué?". Pois, o pobre mundo parece que seguiu virando alén de todos eles e a historia vai contando os avatares. De novo, atopámonos nunha situación complicada, onde estaba Reagan agora está Trump e, por suposto, o Papa é outro pero son as mesmas incertezas as que nos fan cavilar no medo a que esta calma tensa derive en algo grave. En todo caso, un pregúntase cando a humanidade se redimirá tirando polo precipicio ao colonialismo e asumindo que temos que convivir na diferenza. Está moi lonxe de ser, xa que enfrontámonos a catro anos de trumpismo pero segue sendo o futuro fronte á barbarie do supremacismo. Sendo difícil, hoxe máis que nunca, temos que impulsar o futuro. Temos que crer en cada persoa e labrar realidades de diálogo. Enfrontámonos a egocentrismos xenófobos con moito poder pero non é certo que "herba mala nunca morre" porque a morte é totalmente inclusiva. Entón, sigamos teimando nun mundo de dereitos, nun mundo de igualdade e nun mundo capaz de cumprir coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Aí o está o cerne da humanidade que nos queren expropiar; pero os egos son efémeros e a historia o mellor xuíz para aplacalos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES