Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (8)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 04 de marzo de 2025
5.2. Os Maragatos ou Peliqueiros
Para diferencialos dos peliqueiros de Laza (Ourense), dáselles dun xeito primordial a primeira denominación. Soen vestir unhas pelicas de ovella, cordeiro ou cabra sobre roupas vellas ou traxes de faena, levando pendurada do cinto unha choca ou campaiña. Ademaís, usan como remates para a cabeza uns cranios de becerro ou unn cornos de cabrito para darlles unha maior vistosidade. Así mesmo, adoitan levar na man un látego xa que a súa función e protexer aos volantes cando bailan e abrirlles paso na súa marcha. Tamén, soen defender "os oficios" (1), que levan a cabo "os mecos" evitando que haxa unha ruptura do oficio por parte dalgunhas persoas asistentes ao festexo. Actualmente, o normal é que un maragato vaia acompañando a tres volantes. Denantes, o número variaba, segundo F. Cocho, a un ou dous por cada volante (2).

5.3. Os Mecos
Son persoas de ambos os dous sexos, vestidas con roupas vellas, que van executar unha serie de pezas teatrais, que reciben o nome de oficios. Estes teñen como base a escenificación e parodia mimica de diferentes eventos da vida cotía, onde o sarcasmo, a bulra e a ironía constituen a nota dominante. Segundo sexa a representación, os mecos poden ir provistos de caraútas sinxelas e finas, de diferentes cores, mercadas en tendas e bazares. Antano, os oficios tiñan como base a escenificación de diferentes tarefas agrícolas, ligadas co liño; coa sega; coa malla; coa colleita de patacas (3). No obstante, paseniño comezouse a parodiar diferentes actitudes e comportamentos cotiás non necesariamente ligados co agro. Este tipo de representación tamén se leva a cabo no Entroido de Salcedo (A Pobra de Brollón) mais dun xeito moi diferente a Santiago de Arriba, xa que non hai unha participación dos Maragatos, no caso de que se tente esnaquizar a peza teatral.

5.3.1. Descrición dalgúns oficios entre os anos 2012 e 2013.
Entre os anos 2012 e 2023, ambos os dous inclusive, realizáronse máis de de centro trinta oficios. Sinalo os seguintes, como un reflicte da totalidade.
"Panadería Xinxán". "Masterched junior". "Baile no Moredo". "O Picaso". "Os Chourizos". "O Ramiro dos latós". "Os espantallos". "Adega Charreiro". "Pozos artesanais." "As rebaixas." " A Misa." "A poda." "A malla". "Así eran os volantes." "Os furtivos do Miño". "O desfile do Moredo." "Te casaste y la cagaste". " Despois de esfollar, follar." "Club "O Moredo". "Coches eléctricos." "Orquestra Marbella". "O retorno da emigración". "O bautizo." "A poxa do Santo Entroido." "Oso de Salcedo." "Corrida de touros." "Os zapateiros." "Que sabes dos teus fillos." "O exército do Moredo." "Ao son da gaita." "Se queres sembrar, terás que abonar". "Olimpiadas rurais." "A boda do Morito e o Bodorrio (Boda do Jordi)". "Jesús naceu en Belén, e no Moredo naceu..." "Olimpiadas rurais". "A vida está cara." ."Labrando a terra." "Pon a cara, carallo, pon." "Guardería do Moredo." "O trasplante no Moredo" etc.
Destes, levo a cabo a descrición dalgúns oficios, seguindo en gran medida a linguaxe daqueles informantes, que tiveron a ben plasmarme a dinámica dos mesmos.

1. A Poda
"Simulouse unha poda, tal como se fai aquí pola Ribeira Sacra. Polo tanto, viñeiron unhas persoas a facer a poda e, logo, viñeronnos a traer a comida á bodega; ademaís, O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (8)asamos chorizos, panceta,e foi un oficio bonito, que durou o seu tempo. O único atranco foi que nos levaron varias cepas. Pero bueno, comimos o torrisco, dimos de comer á xente que asistía" (4).

2. O Picaso
"Foi un oficio moi recreativo pra a xente. Tratabase dun conxunto de rapaces, que pintaban cadros, dirixidos por un home da veciñanza. Nesto, que comezan a coller a persoas do público e métela no interior dun cadro grande, aberto na súa parte central. Alí, as persoas pensaban que lles iban a pintar a cara con pintura mais non foi así xa que lla pintaron con chocolate". (5)

3. Os Pozos artesanais
"Pois viñan tres tipos: un cun pico; outro cun ferro de monte; e o último cun utensilio, que marcaba onde tiñan que furar para atopar auga. No primeiro sitio, que miraron co aparato non marcaba nada. Entón, buscouse noutro lado e alí marcaba. Pois ben, ahí había unha calabaza grande, que fora enterrada cuns petardos de gran tamaño. Todo cubrirase con cinsa e plumas, de tal maneira que cando empezou a excavación prenderonlle aos petardos o que ocasionou que a cinsa e as plumas voasen por riba do público asistente" (6).

4. Así eran os volantes
"Un veciño vestiuse cuns calzoncillos largos, unha camiseta de felpa; ademaís, fixo un cinto de latos. Desta maneira, entrou no "Campo do Moredo", tocando nos latos, e acompañado duns maragatos, que viñan vestidos con boas roupas" (7).

5. Club "O Moredo"
Neste oficio interviñan oito mecos, que facían os seguintes papeis: dous, de meretrices; un, de garda civil; e cinco, de clientes.
"Eu e outro fixemos de palomas, vamos de meretrices e levabamos a outros como se fosen os clientes. Tiñamos unha especie de vidé, e usábamolo como se fose alí onde íbamos lavar "a peseta", "a palomita", para logo volver ao traballo. Eu levaba un traxe de baño, e dun cartel no que se veía o corpo enteiro dunha rapaza cortamoslle o que é a "Antonia" e grapamola a parte dabaixo do meu bañador, de tal maneira que aquilo tiña un matorral de pelos, que daba o cante por todos os sitios, e así eu iba enseñando o matorral por todo o Moredo. Ademaís, tiñamos ahí unha cama, que en vez de ter sábanas puxemos palla e alí fixemos de todo. Tamén, había un garda civil, que non lle permitía a entrada aos menores. A xente escarallábase de risa" (8).

6. Os Baños turcos
"Os mecos, neste caso homes vestidos de mulleres e preparadas para o baño, remollábanse nuns pilóns e buscaban xente do público para animalos a bañarse. Nalgún caso recorreoron á forza, espíndoos e meténdoos literalmente no pilón. Nesta parte resultaba importante o traballo dos Maragatos para conseguir voluntarios e para achegar o público ao escenario para que os Mecos os puidesen mollar" (9).

7. Os Espantallos
Foi un oficio, que se repetiu varias veces no Moredo, xa que o público asistente aos oficios soía pedilo. Participaban tres mecos.
"Na horta darriba espetamos a un meco, que simulaba a un espantallo. Logo, trouxemos enriba dun burro a unha meca, que simulaba a unha espantalla, e O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (8) colocámola no "Campo do Moredo", mirando cara o espantallo. Entón, o espantallo ao ver a espantalla cobra vida e empeza a baixar pouco a pouco ata o campo da festa. Nese momento, comeza a soar a música de gaita, e o espantallo colle a espantalla, e poñense a bailar en círculos polo "Campo do Moredo" (10).

8. O Retorno da Emigaración
Este oficio era unha homenaxe ás persoas desta aldea e da contorna, que tiveron que emigrar. Neste oficio participan catro mecos, que levan a cabo os seguintes papeis: un, é unha muller; dous, representan a xugada que trae á muller do monte; e o cuarto, e o emigrante que retorna.
"A representación empeza cando unha muller ben nun carro co seu fillo pequeno e cun fachico de toxos, que apañara no monte. O carro é tirado por dous mecos, provistos de cornamentas de animais, que actúan como unha xugada, que porta o carro. Este deténse no "Campo do Moredo", e baixan a muller e o seu neno, entrando seguidamente na súa casa. Alí, é cando a nai lle canta ao neno unha canción pra que durma. De pronto, a muller, asombrada, observa como chega o seu marido da emigración cunha maleta vella, moi flaco e mal vestido. Este, ve á súa muller cun cativo ao que non vira tras súa marcha e para darlle un pouco de alegría ao oficio, comezan a tocar os gaiteiros, sendo o momento do reencontro no que o marido e máis a súa muller bailan en círculos polo "Campo do Moredo". (11)
Neste oficio misturanse unha serie de emocións moi ben escenificadas como o asombro da muller ante a chegada do seu marido; a tristeza do emigrante, que non acadou o que pretendía; e finalmente, como non, a ledicia do reencontro. Sobre este oficio houbo "entroidanos" que o viron, que manifestaban a súa emotividade por medio das lágrimas.

9. O do Tenis do Moredo
Participaban tres mecos.
"Poñíase o xuez cunha vara larga subido nunha silla no medio da pista e nun dos extremos da rede. E claro ataba á vara un fio largo e a pelota na punta do fio. Entonces, nos, un de cada lado da rede, xogando ao tenis. E que facía o xuez, cando lle íbamos dar coa raqueta á pelota, tiraba pola vara e retirábamos a pelota; e así nos caíamos patas arriba enriba duns charcos e acabábamos emporcados pola auga adiante" (12).

NOTAS:
1. Son representación teatrais mímicas, da vida cotía, cunha importante carga burlesca e irónica.
2. COCHO, Federico.: Ob. cit., páx.101.
3. Carmen Rei, informante de Chantada.
4. Ano 2014. Ignacio Gayoso e LUIS PRADO.
5. Ano 2014. Ignacio Gayoso.
6. Ano 2013. Luis Prado.
7. Ano 2014. Luis Prado.
8. 2016. CARLOS REI ÁLVAREZ (MORITO).
9. 2019. Xornal de Lemos, 25-Febreiro-2019.
10. En variados anos. LUÍS PRADO e LOIS PRADO (fillo).
11. 2018. LOIS PRADO.
12. 2012. OSCAR GAYOSO BLANCO.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES