Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Quen puidera entender!

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 06 de febrero de 2025
Non quero que se ofenda ninguén.
Só vou a dar o meu sencillo e humilde parecer.
Xa me gustaría estar enganada...
¿Será certo que hoxe en día se vive moito cara á galería?
- ¿Non son moitos os que van de entendidos pola vida?
- ¿Non son moitos os que pensan que saben de todo?
- ¿No son moitos os que viven por encima das súas posibilidades?
- Moitos din que teñen, teñen, teñen...
Eu penso que o que teñen é: "moita terra na Habana".
Sexa como sexa...
AS REDES SOCIAIS CREAN UN RITMO DE VIDA...
Non cabe dúbida que nos ofrecen moita información.
Non cabe dúbida de que parte dela ofrécenos moita axuda.
Non caba dúbida que só parte dela é de proveito.
A vida real é algo ben diferente.
HAI PERSOAS:
-Que precisan darse a valer e publican o que lles parece.
-Que tratan de pintar a vida de cor rosa, aínda que a procesión vaia por dentro.
-Que defenden unha ideoloxía aínda que teña sobrados fallos.
-Que se dedican a censurar todo o que non lle gusta.
Hai xente para todo.
NO MUNDO HAI GUSTOS DE TÓDALAS CORES
Normal.
Todos somos diferentes.
Non hai ninguén idéntico a outro.
Cadaquén ten a súa historia persoal.
Cadaquén é libre de pensar como lle pareza e dicir o que queira.
¿CÓMO ENTENDER PARA DIFERENCIAR?
Certo que sabemos moito; pero seríamos moi sabios se soubéramos o que non sabemos.
Certo que progresamos moito; pero daquela maneira.
Certo que nos últimos tempos a evolución parece que non ten paraxe.
Certo que hai mentes moi lúcidas e moi ben preparadas.
Certo que temos máis adiantos que nunca que nos facilitan a vida.
Certo que a intelixencia artificial está aí...
Pero... eso non é suficiente
¿Que tal anda a nosa intelixencia natural?
¿E a nosa conciencia?
Alguén di que temos que poñer unha fina liña invisible que marque límites para saber dintinguir...
¿Cómo distinguir con exactitude?
¿Temos a suficiente formación cultural, ética e moral?
¿Onde está a liña divisoria?
Para algúns, esta liña é un tanto elástica.
Nestes tempos deberíamos ir con moito tino.
Algunhas persoas xa non entendemos ben según que cousas...
A xente nova xa pensa doutra maneira.
Sempre se deu o desfase xeracional.
Hai que experimentar, tropezar, aprender e volver a empezar.
Cando es novo pensas come-lo mundo e despois, se te discoidas, o mundo cómete a ti.
AS CRIATURAS DE HOXE EN DÍA SABEN MOITO
Moitas saben máis de tecnoloxía que os seus proxenitores.
Os adultos admiran o que sabe a xente nova de hoxe en día.
Saben moito de tecnoloxía; aínda que non tanto de ortografía.
Moita tecnoloxía; pero non tanta cultura, non tanto de saber estar, non tanto de saber facer...
TODO ESO É CERTO PERO...
Tamén é certo que, sabendo tanto como sabemos, o mundo segue sendo perigoso e complicado.
¿Por qué non poden as criaturas andar soas pola rúa?
¿Por qué hai que ir a buscalos á parada do autobús escolar?
¿Por que hai tantos abusos sexuais a tódalas idades?
¿Por qué morren tantas mulleres vítimas da violencia machista?
¿Por qué tantas persoas padecen soidade?
¿Por qué tantas guerras?
¿Por qué tanta miseria?
¿Por que?
¿COMO SE ENTENDE TODO ESTO?
Un tanto difícil pero non imposible.
A resposta dánnola o valores.
"VALORES, VALORES, VALORES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES