Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 04 de febrero de 2025
O Ora Pro Nobis da espera

A ITV (Inspección Técnica de Vehículos) empeza a semellarse á Seguridade Social, en cuestión de esperas, de citas. Vas con cita previa e tíraste case ou sen case media hora esperando a que che manden a mensaxe ó móbil para poñerte á cola. En principio, para iso. Despois, xa Deus dirá. Que entre dixomedíxomes vaise a unha hora ou máis. Coma se non houbera outra cousa que facer na mañá ou na tarde.
Pingas de OrballoEsperando alí, coma babecos ou panocos, baixo as inclemencias do tempo e preguntándote unha e outra vez que se non chegan 5 portas, por que non hai 8 ou 10, ou outra nave? Se un paisano que vive na contorna bota unha hora, canto tempo lle cómpre a un que veña dunha aldea ou dunha vila afastada do polígono de Pereiro de Aguiar?
Así pasa, máis ou menos, en todos aqueles organismos que se rexen polas citas. Que si, que a hora da cita é unha aproximación (ninguén está a pedir ó pé da letra, estritamente, unha puntualidade británica, exacta), pero do pouco ó moito, ás veces, vai un mundo. E se aínda o asunto fora gratuíto, pois case tiña un pase. Pagas para que te atendan á hora acordada e para que o lugar do servizo, se é pequeno, se faga máis grande.
Non lle boto a culpa ós empregados. Eles bastante fan, que ben se ve. Pero se non hai máis medios ou máis control horario ó dar as citas, o asunto, loxicamente, ponse complicado. Ou non; sempre hai unha solución: que o paisano pague, aguante e apande. E que, finalmente, rece para que o vehículo lle pase a revisión á primeira e así evitar o volver co ora pro nobis da espera. O meu, por sorte, pasouna.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES