Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Álbum de Fotos

viernes, 26 de junio de 2009

Temos dito nalgunha ocasión que a historia dos pobos non a escriben os cronistas. Escríbena, día a día, os seus habitantes, os homes e mulleres que, de xeito anónimo, co diario trafegar, as mágoas e ledicias, cos traballos e ilusións, grandezas e miserias van marcando, co decorrer dos tempos, o vieiro que define a eses pobos; o seu talante, a personalidade e a idiosincrasia; é decir, aquilo que amosa a esencia do seu ser. Aos cronistas só lles queda a misión de espallar fielmente esa historia e de non permitir que alguén a manipule ou a falsee, como a cotío se pretende.
Se damos por certo que “unha imaxe val por mil palabras” hai que convir en que o noso vello amigo Xesús do Breogán, coa súa lúcida iniciativa de recabar para a publicación as vellas fotografías -tesouros da historia que permañecen ocultos en cada un dos fogares- realiza unha impagable aportación ó coñecemento da evolución social, económica e cultural do pobo focego, a través dos testemuños gráficos, no transcurso do último século, aparte do que en sí mesmo significa para os centos de persoas que se ven reflectidas nas vetustas imaxes, moitas delas ignoradas ou esquecidas, e sábese que as vellas estampas nos lembran pasadas emocións, nostálxicas vivencias, porque a fotografía ”é unha impresión indeleble captada nunha fracción de tempo que se detivo para sempre. Non existe un antes e un despois; só ese instante máxico e tráxico de escenarios e de persoas que quedan plasmados no éter e inmortalizadas na historia”. O proxecto de Xesús, do que acaba de presentarse o II tomo, que leva por título “FOZ: a xanela aos nosos devanceiros”, que se engade ao anterior “101 fotografías para a lembranza” forman un album con preto de 300 instantáneas que constituen toda unha radiografía da evolución social perante o século XX, nunca completa... Este libro inclue un fermoso prólogo de Xosé Xoan Barreiro, en plena armonía co seu contido, o que fai que imaxe e texto se complementan e reforzan a lembranza nostálxica duns tempos descoñecidos para gran parte dos focegos da actual xeración. Saudamos con ledicia a chegada do novo libro e vaian os nosos parabéns ós seus máximos artífices: Xesús do Breogán e Chus Alvarez, a dinámica bibliotecaria.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES