
Medio cento de alumnos de Historia da UNED Senior Coruña, acompañados do seu coordinador - titor Luis Ángel Rodríguez Patiño, coñeceron a Historia de Rábade e todas as súas marabillas, como a Casa das Insuas, a Capela dos Remedios do Pazo e os distintos carreiros do Concello, da man do concelleiro de Rábade Carlos González Cabarcos.
Primeiro recibiunos no fabuloso Salón da Asociación que hai detrás da Casa do Concello cun vídeo explicativo da Historia de Rábade e de todo o que iamos ver.
Despois dirixímonos á Casa da Insua cunha gran explicación por parte tamén do persoal encargado e do Concelleiro.
E por último sorteando o mal tempo, visitamos a capela dos Remedios e recibimos unha gran explicación dos carreiros catalogados.
Déusenos a cada alumno unha bolsa con dous libros publicados polo Concello e outros detalles.
CASA DAS INSUAS
Centro de Conservación e Estudo da Natureza.
A Casa das Insuas é un centro de recursos xestionado por e para entidades e persoas con inquedanza polo coñecemento e conservación do medio natural, a agroecoloxía, a soberanía alimentaria, os oficios tradicionais e todas aquelas actividades baseadas no aproveitamento e disfrute respectuoso e sustentable da nosa natureza.
A Asociación Galega de Custodia do Territorio impulsa e xestiona a Casa das Insuas, na que tamén participan as asociacións naturalistas Numenius, Drosera, Saramaganta, Sociedade Micolóxica Lucus e SGO.
A Casa das Insuas está ubicada a carón do río Miño, e a súa actividade é posible grazas ao acordo acadado entre a AGCT e o concello de Rábade, propietario do edificio.
CAPELA DOS REMEDIOS
A Capela dos Remedios, é un edificio barroco de planta cadrada, fundado en 1674 e trasladado posteriormente en 1784 ao seu actual emprazamento, nunha zona cercada fronte ao pazo de Miraflores do Miño e poboada de cipreses e tejos.