Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 30 de enero de 2025
O Universo era infinito

Díxenlle a Valeriano que o universo era infinito. Nun primeiro momento abriu a boca nun claro xesto de asombro, pero non tardou en mirarme de esguello. Eu reboteille a súa mirada con outra miña, chea de picardía, de candidez e de inocencia.
Meu amigo Valeriano é fillo da Louca de Tras os Montes e de Rafael, O Aparecido. A nai, por suposto, realmente non se chama así. Ela é Eudosia Lucero Estrella. Pingas de Orballo Non é que brille moito, pero... pero ten que cargar co apelido. Porén, Valeriano confía máis nos seus avós Eladio e Dominica, que foron os que realmente o criaron. Seus pais, os de Valeriano, marcharon a facer as Américas tan axiña como bautizaron ó neno. A pena foi que, logo de case corenta anos, e como se adoita dicir, volveron co rabo entre as pernas.
Tiveron que seguir dedicándose á labranza. E arrastraron consigo a Valeriano, porque, este, pobre, e como fixo dos avós un pandeiro, non tiña máis luces no seu vivir: nin traballo, nin estudos, nin ganas de acometer uns e outros. Agora, xa con case corenta anos, aguanta a súa vagancia e, si, de cando en vez, non lle queda outra que botar man da aixada para cavar as leiras e do fouciño para rozar os toxos. A estes vai contento. Confesoume un día polo baixiño, que lle gustaban pola súa flor. Eu tamén o mirei cunha ollada pícara, lagarteira.
Logo de dicirlle o de que o universo era infinito e non me crer moito, empecei a contarlle as estrelas. Cando eu xa cansaba de recitar números e el se aburría de oír a miña ladaíña, aceptou que si, que o universo era infinito. Rimos os dous ás gargalladas.

Polos confíns do tempo

O silencio está a marcar o ritmo do tempo. Este non corre. Está en calma. A señardade bica nos pensamentos e estes empreñan unha tarde anubrada pero quente. Aínda así, ela deita no sofá e el cóbrea cunha manta. Non falan. Non din nada. Só se miran. E as olladas paren sentimentos que se cruzan por entre a penumbra do salón.
Ela queda durmida e el sae para buscar o barullo da acción. O silencio estaba a angustiarlle o peito. No Pingas de Orballo primeiro cruce de camiños xa se atribula, xa se atormenta porque non sabe por cal coller. Como non é un home de dereitas, colle polo camiño da esquerda mentres debuxa na súa mente a loita de catro estrelas polos confíns do universo. Para non pensar nela.
Mentres el desenvolve unha pequena guerra contra seres galácticos, ela soña coa melancolía bailando sobre uns posibles versos que, sabe, lle escribirá el. En cada verso deixa un alento e en cada poema un desexo. O soño dela bifúrcase en catro tarefas a realizar, das que, tres, vólvense pouco a pouco pesadelos inconexos. A cuarta aboia sobre o ricto dos seus beizos, que se moven nun xesto melancólico e cun medio sorriso a aflorar.
El, cando cae na conta de que nunca vencerá ós seres galácticos, volve sobre os seus pasos coa intención de rachar o silencio do salón e de alumear a penumbra co brillo dos seus ollos... por vela de novo. Ela, esperta xa, escoita como chega el, retira a manta e abrázase ó silencio. Míranse de novo e un pequeno ruxerruxe rompe por fin ese silencio. Xuntos espallan a señardade polos confíns do tempo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES