Crónica dunha guerra (20)
Ávila Soto, Federico - jueves, 06 de febrero de 2025
¡10-06-1999!
Hoxe fai 78 ou 79 días da agresión ao pobo iugoslavo, e fin do absurdo. Por fin chegaron a acordos impulsados polo grupo dos 7 máis 1 (os 7 máis industrializados máis Rusia) Estados Unidos non estaba por chegar a acordos, e ata o último momento estivo a bombardear todo o que puido, pero impúxose os acordos acadados no grupo dos oito, e xa chegados aos acordos acadados, tiveron que pasar varios días de tirapuxas militares, ata que os militares serbios impuxeron uns mínimos acordos, onde queda confirmada a permanencia do Kosovo baixo soberanía serbia, o desarme do UCK, autonomía federada con respecto a todas as etnias, e a axuda dos agresores (europeos) á reconstrución do Kosovo, ¿e Serbia?, xa veremos.
Os americanos están a vender (nos medios) unha vitoria, pola súa parte, os serbios venden a súa. O certo é que sen a firma e acordo de hoxe, a OTAN non puido entrar no Kosovo. ¿Cal é a vitoria e cal a derrota?, penso que de todo un pouco, pero derrotas e vitorias virán, co paso do tempo na política europea con respecto a Estados Unidos, e a pelexa dólar-euro nos mercados financeiros. Aquí será onde estea o miolo de todo o actuado e montado por Estados Unidos, que poda que se lle volva en contra a longo prazo.

Ávila Soto, Federico
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora