Crónica dunha guerra (19)
Ávila Soto, Federico - miércoles, 05 de febrero de 2025
03-06-1999
Hoxe parece ser un bo día. Logo de setenta e pico de días de empezar esta guerra, parece que algo serio chega a bo fin. O primeiro ministro alemán e o primeiro ministro finlandés, que empeza o semestre de presidencia da Unión Europea, xunto con o ex-primeiro ministro ruso Chernomirdin, chegaron a un acordo con Milosevic, apoiado polo parlamento iugoslavo. Ditos acordos son os debatidos días atrás no grupo dos 7 países máis ricos, máis Rusia. (G-8) A discordia de momento está nos americanos e nos ingleses, poñen de condicións que Milosevic retire todas as tropas, para-militares e policía, e logo despois de verificalo, paran de bombardear. O primeiro ministro finlandés, dixo claramente que o acordo é parar en dous días os bombardeos, e a continuación a retirada das tropas iugoslavas. Estou vendo a CNN, e o Secretario de Defensa americano Cohen, acaba de dicir que seguen a bombardear. Estes non queren parar porque as cousas non saen coma eles queren. Eu penso que o acordo político ao que se chegou con Milosevic onte, ratificado polo parlamento iugoslavo e o grupo dos oito, así como a Cumbre Europea en Kolen, empezou a xestionarse ao darse conta os franceses e alemáns, da política americana xa sinalada por moitos intelectuais e economistas europeos: o fundamento principal da guerra no Kosovo e Iugoslavia, é debilitar o euro coma moeda de troco no ámbito internacional, así coma probar novas armas, demostrar ante Europa e o mundo que é o amo, e arrogarse o dereito de intervir en todo o mundo sen necesitar o Dereito Internacional. Nas últimas semanas o euro ía en picado, e o dólar para riba sen parar. Fai uns días lin no "El Mundo" que Chirac e Schröder, acordaran impulsar a defensa europea en base a ir incrementando medios e presupostos de inversión na defensa europea.

Ávila Soto, Federico
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora