Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (18)

Ávila Soto, Federico - martes, 04 de febrero de 2025
23-05-1999

Non seguín moito estes días as informacións sobre o conflito Iugoslavo, parece que baixou un pouco a intensidade dos bombardeos, en parte debido aos moitos "erros": bombardeo das embaixadas sueca, española, paquistaní, suíza, amén do lío da de China, onte seica bombardearon por "error" un posto de instigación do UCK metido 10 km. dentro do Kosovo, que facía tempo abandonaran os serbios. Morreron de 15 a 20 do pretendido "Exército de Liberación", que facía uns días pasaran pola televisión un reportaxe de ese mesmo cuartel ou posto avanzado.
Estase a dar un tirapuxa político-diplomático para chegar a acordos políticos, pero os ingleses e americanos non queren ceder nos bombardeos, e queren convencer aos demais de facer a invasión terrestre. Non tragan os alemáns e franceses, Holanda tampouco está de acordo, outros calan. A opinión pública estase a decantar por parar os bombardeos, e que se chegue a acordos políticos. Isto supón a derrota da OTAN, dos 19 países máis poderosos do mundo coma organización, e hainos que non queren tragar cas derrotas propias que un fabrica. O resultado son os "erros" que día a día están á vista e na palabra das televisións, prensa e radio; ao mesmo tempo, estase a facer unha "guerra intelectual" nos medios, ante unhas declaracións ou reportaxe de algún intelectual das esquerdas criticando o fondo do conflito. Saltan coma feras con pel de ovella os cándidos defensores da forza, do imperio e dos valores do capitalismo tirándonos discursos humanísticos das miserias dun pobo, que esa mesma forza, capitalismo e imperio son os que crean as miserias, estas guerras, estas "deportacións" coma eles gustan dicir, e fabrican tamén o tirano e o conflito, adobado todo con unha moi ampla campaña de anos nos media.
Non lin o artigo de R. Debrai, pero si un de Bernard H. Levy, e a min cáeseme a sangue lendo os artigos de este que din "intelectual". ¿Pero este home, saberá algo de sentimentos que non sexan os expresados nos medios de toda Europa, e pasar factura por prestar seu nome á causa da xustificación da guerra humanitaria? Incapaz coma intelectual de ser crítico con toda guerra, de ir ao fondo da cuestión: ¿o euro?, ¿supremacías geo-monetarias e políticas?, ¿estratexias comerciais-políticas?, ¿Rusia? O último ou case o último que un bo e honesto intelectual de oficio, é que se lle ocurra como causa do conflito no Kosovo, a "ditadura de Milosevic" e a persecución étnica. Xa se sabe que o poder corrompe, e o deber dos intelectuais e de toda persoa honesta, é denunciar aos corrompidos sen pelos na lingua. Eu poño a este Bernard H. Levy coma un destes "corrompidos ou, tontos útiles, tontos inútiles, e sobre todo, listos útiles".
No "A Nosa Terra" escribe na sección de economía, un tal Manuel Cao que, non sabendo máis de contas, pasa a todos os campos do saber, dos cales non é especialista, e a pesar de ter unha tribuna das esquerdas, e para máis "nacionalista" fai un discurso constante pro-capitalismo coma se estivera a utilizar a súa sección de economía, en facer méritos aos ollos dos amos, aos que aínda non chegou a codear.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES