Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (17)

Ávila Soto, Federico - lunes, 03 de febrero de 2025
14-05-1999

Hoxe outra animalada da OTAN, esta noite pasada cando eu escribía o anterior, estaban a bombardear, seica foi o día que máis con 600 voos de avións a descargar a súa metralla, déronlle a unha caravana de xente que estaba a facer un alto na fuxida, seica ían uns 500 albaneses-kosovares. No principio daban conta de 50 mortos, logo dixeron 100 moitos deles criaturas. E o Jamie Shea a dicir que farán unha investigación. Eu non sei o que pensa a xente aquí en Holanda, a min paréceme que están ou estamos todos idiotizados, e eu apunto esta idiotización ao feito moi grave, da "prostitución" como xa dixen no principio de empezar a escribir isto do socialismo, por parte de case todos os países europeos, e para confirmar as miñas sospeitas, leo hoxe o artigo de Anselmo López Carreira no "A Nosa Terra" páxina 19 do número 881 que me chegou hoxe. Subscribo plenamente dito artigo e reparo neste parágrafo: "Quen se equivoca de maneira lamentable, é unha grande parte da esquerda deste país. Non falo, por suposto, do amplo abano da progresía social-demócrata, emporcada ata o cogote e moi coherente coma sempre, co seu papel de tontos útiles, tontos inútiles, e sobre todo, listos útiles, dispostos a facer os traballos sucios sen ningún tipo de rubor, ou acaso enarbolando vergonzantemente o cómodo discurso de que "os bombardeos están mal pero, os serbios son culpables" con distintos graos de énfase en cada unha das partes da oración, máis sempre co mesmo resultado de lexitimar a agresión imperialista". Mentres estaba a escribir estas liñas, pasaban pola CNN un reportaxe de xente asasinada nunha ladeira toda verde, duns 25 ou 30 homes, e preguntábanlle a un vello se vira aos asasinos, contestaba que eran militares e que levaban a cara tapada. ¡A contra desinformación, o emporcallar a información con máis lixo! Matan, asasinan e todo o que se queira dicir con rabia aos que din "querer salvar", e para tirar balóns afora, a mellor idea é insinuar ou dicir, que os serbios fixeron unha carnicería que, vai ti a saber cal é a verdade..., porque os montaxes están á orde do día.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES