Se fallamos, algo falla
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de enero de 2025
Está claro que unhas persoas aportan máis ó benestar social que outras.
Unhas persoas teñen unha repercusión social moi destacada.
Outras teñen unhas funcións máis domésticas ou particulares.
Pero non importa a misión que cadaquén teña asignada.
Tódalas misións son moi importantes e moi necesarias.
Cada persoa no seu lugar ten as súas responsabilidades con máis ou menos repercusión social, independentemente da preparación que se precise para cada misión.
NON É MENOS IMPORTANTE A MISIÓN DUN PAI DE FAMILIA QUE A DO ALCALDE DO SEU POBO.
Se o pai de familia cumpre a súa misión, xa pon a base do progreso comunitario.
Se falla o pai de familia, os fillos quedan privados do apoio paterno e a familia queda coxa.
Se o alcalde administra ben os impostos do seu pobo, xa contribúe ó benestar e ó progreso da comunidade.
Se o alcalde non se ocupa dos servizos municipais, o concello non funciona porque carece dos servizos básicos.
NON É MENOS IMPORTANTE A MISIÓN DUNHA NAI DE FAMILIA QUE A DO PRESIDENTE DO GOBERNÓ DUNHA NACIÓN.
A familia é unha pequena república independente na que se forxan os valores fundamentais dunha persoa: a súa personalidade.
Se a nai cumpre coa súa misión, xa pon os alicerces dunha sociedade estabe, equilibrada e harmónica.
Se falla a nai, que é a alma do fogar, a familia acaba feita trizas.
Se o presidente do goberno cumpre a súa misión, reina a paz e o progreso na súa nación e pode incluso chegar a ser unha nación punteira no mundo.
Se o presidente falla, os servizos perden calidade e o progreso salta polo aire.
NON É MENOS IMPORTANTE A MISIÓN DUN VARRENDEIRO QUE A DUN MINISTRO.
O varrendeiro é un traballador que vela pola nosa hixiene comunitaria moitas horas ó día.
Se o varrendeiro non se encargara de recoller o noso lixo, o aire sería irrespirable e acabaríamos todos enfermos, incluído o ministro.
NON É MENOS IMPORTANTE A MISIÓN DO DISCÍPULO QUE A DO DOCENTE
Se o alumnado aporta a súa gana de aprender e aprende tanto como lle permite a súa capacidade intelectual, pode chegar lonxe.
Se o alumnado nin asiste á clase nin aproveita, o fracaso académico está asegurado.
Se o docente se encarga dunha docencia de calidade, a sociedade vai camiño de progresar.
Onde falta a misión do docente, a sociedade non ten acceso ó coñecemento, nin á cultura, nin ó progreso.
NON É MENOS IMPORTANTE A FUNCIÓN DOS FIEIS QUE A DO SACERDOTE CATÓLICO.
Se os fieis se deixan guiar pola Palabra de Deus, van medrando en santidade e fan que o mundo mellore.
Se non cren, prodúcese frialdade espiritual, proliferan o materialismo e o egoísmo e todo vai mal.
Se o sacerdote ten celo apostólico, vai acercando as almas a Deus, aínda que o proceso sexa lento.
Eso leva consigo fraternidade, boa convivencia e persoas felices.
No caso contrario, cunde o mal exemplo e corrómpese a sociedade.
ASÍ PASA CON TÓDALAS PROFESIÓNS E CON TODOS OS ESTADOS DA VIDA.
Por humilde que nos poida parecer unha misión na vida, ten a súa repercusión a favor ou en contra do progreso, da convivencia e da fraternidade universais.
Cómpre, polo tanto, tomar conciencia da importancia da nosa aportación á sociedade.
Se facemos ben para nós mesmos, tamén o estamos facendo para o universo.
Se fallamos, non só facemos mal para nós mesmos; tamén o facemos para as persoas achegadas e para o mundo enteiro.
CÓMPRE PRACTICA-LAS VIRTUDES
Os crentes estamos convencidos de que practica-las virtudes ten consecuencias positivas para a nosa saúde espiritual porque nos acercan ó obxectivo dos Creador: a nosa santificación.
Pero para os ateos ou agnósticos, tamén son válidas porque están ó alcance de todos e dan bos resultados.
Por eso é moi importante a aportación de todos en sentido positivo para que o mundo sexa habitable.
Formar o máis rectamente posible a conciencia das persoas é de suma importancia para erradicar na medida do posible, a hipocresía.
Porque para algunhas persoas o parecer está por encima do ser.
Non se entende.
"¡QUEN PUIDERA ENTENDER!"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora