Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anécdota Curiosa

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 30 de enero de 2025
Durante o verán, adoito baixar algunhas veces ao porto a visitar o mural de fotos antigas expostas polo Concello. Incluso, ás veces, fago de guía explicándolles aos turistas o contido da historia de cada foto, cousa que agradecen moito polo que puiden comprobar.
O pasado mes de setembro, baixei como outras veces. O porto estaba deserto, porque aínda non eran as doce do mediodía e os bares da zona comezaban a abrir.
Anécdota Curiosa
Mirando o mural, vin a unha rapaza que lle calculei sobre trinta e cinco anos e causoume curiosidade, de que coa súa cámara fotográfica, retrataba algunhas das fotos do mural.
Observeina durante bastante tempo e dunha das veces, a rapaza miroume e sorriume, momento que aproveitei para preguntarlle se lle gustaba o mural, pero a rapaza respondeume, que non me entendía. Malamente explicoume que era suíza.
A pesar da fronteira que supoñía o idioma entre ela e eu, a rapaza sinalábame fotos do mural nos que se vía xente comendo nas romaxes do Bispo Santo e tamén nas do San Bartolomeu de cando se celebraba no prado de Ramos en Foz. A rapaza indicábame cos seus dedos os pratos de comida que tiñan e sinalábame as caras da xente pasando o seu dedo índice polo círculo que forma a contorna da súa faciana, pero eu non conseguía entendela.
Anécdota CuriosaNeste intre, chega un rapaz e un neno, aos cales a rapaza se dirixe. O home era o seu marido e o neno o seu fillo. Ela falou co seu home e como el sabía algo de español, dirixiuse a min descifrándome o misterio das fotos do xantar e das facianas das respectivas fotos que a súa muller me marcaba.
A rapaza, quería dicirme, que a pesar do ano das fotos, que oscilaban entre os anos corenta e sesenta, os pratos estaban cheos de comida e víase felicidade nas caras da xente, incluso, dicía a rapaza, que non había obesidade e que a xente víase feliz.
Ao final, a rapaza pediume se lle deixaba facerme unha foto a min, posando fronte a unha das fotos da romaxe do San Bartolomeu, sinalando co meu dedo ás persoas retratadas e así a compracín.
Eu non comprendía a filosofía da rapaza e cando me despedín deles, subindo pola rúa Paco Maañón, cavilando no asunto, decateime do que a rapaza me quería dicir, a curiosidade da rapaza era ver as caras de felicidade da xente, a comida abundante nos pratos e as datas das fotos, desde os anos corenta aos sesenta, eran fotos da época franquista en tempos de posguerra, como podería xurdir tanta comida e tanta felicidade en tempos tan difíciles?, me quería dicir.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES