Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A liñaxe vasca de María das Dores Arribe

Rivero, Manuel - lunes, 03 de febrero de 2025
Admiración, gratitude e orgullo de pertenza, formaban parte dos sentimentos familiares de Lola. Con gran gozo lembraba a procedencia do seu apelido "ARRIBE". Sentíase agraciada das súas raíces, tanto galegas por parte de nai, como vascas, que lle viñan por a liña paterna.
Foi o seu bisavó, ou tataravó, non o coñecía con certeza, quen emigrou, como tantos outros mozos vascos e navarros, na segunda metade do século XVIII ou nos comezosdo XIX, atendendo a chamada da Revolución Industrial, que se deu de forma simultánea, en "Los Arsenales del Rey. 1750-1820" : Ferrol, Cartaxena e Cádiz. Centros de innovación tecnolóxica, que contribuíron á modernización da armada, como misión principal e por extensión ao transporte marítimo en xeral.
Outras dúas profesións, que viñeron das terras vascas, burgalesas e navarras, e tiveron gran prestixio foron os ferreiros e os campaneiros (expertos en fundir e reparar campás).
A comarca de Ferrol fixo de atractor, para os expertos na madeira, o ferro e as diferentes aliaxes de metais de todo o corredor do norte.
Con que precisión, paciencia e mestría, me explicou en varias ocasións Lola a orixe do seu apelido, separando o prefixo do sufixo:
O prefixo ARRI, significapedra e o sufixo BE, debaixo de, sería o que hai debaixo da pedra. A continuación ofrecía unha interpretación máis ampla, buscando o que ao seu entender era o verdadeiro significado. Arribe, era o topónimo do territorio que estaba debaixo da montaña de pedra, do pedregal ou da canteira na chaira ou no val.
Por veces tamén me comentaba que o sufixo podía ser BI, en lugar de BE, nese caso significaba dúas pedras, que por a mesma dedución anterior, podía ser o espazo entre dúas pedras, marcos ou símbolos de separación pétreos.
En Ferrol e nas comarcas do seu entorno, principalmente Ortigueira e Cedeira, encontramos con frecuencia o apelido ARRIVI, ARRIVÍ e ARRIBI. CheloArribi, investigou a orixe do seu apelido, tanto nos arquivos eclesiásticos galegos, como nos do País Vasco, principalmente en Amorabieta, que era de onde procedían os seus antepasados. Os Arribi pai e fillo de oficio Ferreiros, chegaron a Ortigueira nos comezos do século XVII, o apelido aparece nos documentos de diferentes formas; Arraibe, Arriví, Arrivi, Arribi e finalmente Arribe, coa expansión cara Ferrol.
Atoponimia, conserva en Amorabieta, un barrio co nome de ARRAIBE, qué é o lugar no que Chelo sitúa a orixe doseu apelido. O topónimo Arraibe, pasou a Arribe, como apelido, en certa lóxica, ben puido perder esa (a) intervocálica e quedar no ARRIBE, tal como o herdou Lola, dos seus antepasados.

Páxinas web consultadas:
https://aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus/es/arri/ar-20661/#:~:text=Etimolog%C3%ADa.,con%20el%20significado%20de%20piedra.
https://www.euskaltzaindia.eus/index.php?option=com_ecoeoda&Itemid=793&task=bilaketa&view=bilaketa&lang=es&query=arrivi&mota=deiturak&ordena=score&arautzea_facet[]=7
https://asime.es/estudio-ubica-inicio-la-revolucion-industrial-los-astilleros-navales/
https://es.wikipedia.org/wiki/Arraibi
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES