Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (3)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 28 de enero de 2025
III. O Entroido na Ribeira de Chantada
A ribeira miñota chantadina agrupa a unha serie de comunidades parroquiais: A Sariña, Belesar, Camporramiro, Líncora, Santiago de Arriba e Nogueira. Nesta ribeira o Entroido iniciouse en Santiago de Arriba nun tempo xa esquecido para os portavoces da tradición oral. "A cuna do Entroido foi Santiago de Arriba e de aquí foi levado a outras parroquias limítrofes ao irse casando persoas de esta parroquia cos doutras parroquias próximas. O Entroido nas outras parroquias da Ribeira foi adquirindo as súas peculiaridades ao irse desvirtuando da idea orixinaria" (1). Logo, foronse incorporando as demaís comunidades ribeirás, incluíndo ademaís Vilaúxe. O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (3) Esta festa deixou de celebrarse na maior parte das comunidades mencionadas a comezos do século actual debido, entre outros motivos, a falta de persoas para seguir co evento. "...o carnaval naceu en Santiago de Arriba / o que pasa é que aí a xuventude acabouse / acábase e van quedando vellos / entón non hai quen axude e vaise acabando / entón estas parroquias nas que hai máis mocidade vano tendo..." (2). No ano 1987, o Entroido celebrouse nas parroquias de Líncora e Santiago de Arriba. Do 1991 ao 1993, a comunidade parroquial de Vilaúxe foi quen realizou o festexo, collendo o listón Nogueira de Miño nos anos 1994 e 1995, logo de doce anos sen celebralo. No ano 1998, Vilaúxe comezou de novo coa festa ata o ano 2002. No ano 2000, únicamente dúas comunidades da Ribeira chantadina, Nogueira de Miño e Santiago de Arriba, decidiron formar a Asociación do Entroido Ribeirao contando coa axuda e impulso do concello para conservar esta antiga tradición. No obstante, esta asociación durou pouco tempo debido a razóns de índole interna o que deu lugar a que cada comunidade seguese celebrando o Entroido como o considerase máis axeitado.

NOTAS:
1. Informante.: Xoán Carlos González, veciño de Santiago de Arriba.
2. ARAÚXO, Emilio.: SE TODA A VIDA DOS VELLOS E DOS POR NACER (O Entroido Ribeirao), Santiago de Compostela: Amastra-N-Gallar, 2014, páx.93.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES